A Academia Galega do Audiovisual organiza os días 29 e 30 de Novembro un Foro sobre a televisión dixital en Galicia, que terá lugar no Hotel NH Obradoiro, en Compostela. “A televisión dixital en Galicia: novas perspectivas, novos servizos” é o título deste foro que permitirá o encontro de expertos a nivel estatal e galego, co obxecto de debatir sobre a implantación da televisión dixital e as súas perspectivas de futuro.
Debatirase sobre as fontes de ingresos, os atrancos e as vantaxes que pode aportar a televisión dixital. En Galicia, os beneficiarios das 49 licenzas de TDT (4 autonómicas e 45 locais) asumiron compromisos de especial relevancia como o investimento de 150 millóns de euros, a creación de 1.500 postos de traballo e unha alta emisión de contidos en galego.
Os interesados en coñecer o programa e achegarse a este debate, poden informarse aquí.