Do 17 ó 20 de Outubro, poderemos asistir en Aciveiro (Pontevedra) ó curso ‘Europa ante o desafío da reordenación do sistema mediático. Sistema político, actores sociais e cidadáns no tránsito á Sociedade da Información e do Coñecemento’. O curso, dirixido por Xosé López, contará coa participación de destacados expertos dos ámbitos do Xornalismo, Comunicación Audiovisual, Ciencia Política, Historia, Dereito e Socioloxía, entre outros. Dende este enfoque multidisciplinar, someteranse a análise os cambios acontecidos nos principais países da Unión Europea e os pasos cara á converxencia nun espazo europeo de comunicación. O encontro deberá contribuir á elaboración de propostas para afrontar o proceso de reordenación política e mediática que teña en conta os intereses dos principais actores sociais e do conxunto da cidadanía. Para formalizar a matrícula preme aquí.