O vindeiro 13 de novembro terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o obradoiro Comunicar a Ciencia: Os medios de comunicación e a divulgación do coñecemento. A inscrición é gratuita e o prazo remata o vindeiro 10 de novembro. Para máis información e darte de alta na actividade preme aquí.
Crónica-resumo da primeira xornada do Seminario Rexional da WARPO
Doris Fernandes elabora para NovosMedios unha crónica da primeira xornada do seminario organizado pola World Association for Public Opinion Research Regional Seminar (WARPO) baixo o título “Transnational Connections:Challenges and Opportunities in Communication and Public Opinion Research”. Podedes descargala pinchando aquí.