Novos Medios organiza unha actividade dentro da Semana da Ciencia 2009

O vindeiro 13 de novembro terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o obradoiro Comunicar a Ciencia: Os medios de comunicación e a divulgación do coñecemento. A inscrición é gratuita e o prazo remata o vindeiro 10 de novembro. Para máis información e darte de alta na actividade preme aquí.
Esta actividade, enmarcada dentro da Semana da Ciencia 2009, trata de achegar a ciencia mediante un obradoiro práctico e una mesa redonda destiñados a familiarizar ao cidadán de a pé coa vocación divulgativa dos medios de comunicación e as iniciativas, ferramentas, institucións e servizos dispoñibles en Internet que permitirán aos alumnos localizar información científica de forma rápida e proveitosa en Internet. A xornada pecharase cunha charla-coloquio aberta ás intervencións do público entre os protagonistas do fluxo de información científica (xornalistas, científicos, etc.).

Deixa un comentario