Membros de Novos Medios participan nestes días no I Congreso Sociedad Digital

Membros do grupo atopámonos, dende onte e ata mañá, participando no I Congreso Sociedad Digital organizado polo colectivo de investigación Socmedia, dirixido polo catedrático Francisco García. O evento está a celebrarse na Facultade de Ciencias de la Información da Universidade Complutense de Madrid. Este encontro constitúese coma un evento de análise arredor do desenvolvemento actual … Leer más

Manuel Castells: a interdisciplinariedade como seo da innovación

Castells defendeu con vehemencia a importancia da interdisciplinariedade e da transdisciplinariedade na universidade. O verdadeiramente relevante non é discutir en que campo da ciencia se desenvolve un traballo ou a pertinencia de que se chame dunha maneira ou outra, senón con que outros ámbitos se poden establecer pontes de colaboración. Por que é tan importante … Leer más

“Aprender a aprender” ou a autoprogramación actualización da man de obra, segundo Castells

Hoxe en día, afirmaba Castells, as persoas deben esforzarse en “aprender a aprender en un mundo interactivo”. Deben primar os individuos “autoprogramables”, aqueles que son capaces de adquirir novos coñecementos e recombinalos para poder acceder a unha redefinición laboral, sobre os “xenéricos”, os substituíbles e vulnerables ante os axustes á baixa dos recursos humanos nas … Leer más

Manuel Castells: as 6 funcións da universidade

Castells sintetiza en 6 as funcións que a universidade ten desenvolvido ao longo da súa historia: – A universidade que produce valores e lexitimación social propia da fase na que as escolas teolóxicas centraban a actividade universitaria. – Función de selección de elites a través da súa educación e da configuración da súa rede social. … Leer más

Castells sitúa a universidade no centro do mundo

“A universidade é a institución central do mundo en que vivimos”. Deste xeito comezou Manuel Castells a conferencia que impartiu onte na Sala de Debates do Centro de Estudos Avanzados da USC. Este papel central que Castells apunta susténtase no feito de que son as universidades e non outras institucións as principais produtoras de coñecemento … Leer más

Manuel Castells explicará en Santiago a súa visión sobre a universidade na era da información

Manuel Castells, profesor da Universitat Oberta de Catalunya, Catedrático Emérito de Socioloxía e Catedrático de Planificación Urbana e Rexional da University of California (Berkeley), impartirá este xoves a conferencia titulada «La universidad en la era de la información». O acto terá lugar na Sala de Debates do Centro de Estudos Avanzados no Parque de Vista … Leer más

Comeza o curso sobre a crise da comunicación en tempos de recesión económica

O curso ten lugar no Mosteiro de Aciveiro (Forcarei, Pontevedra) durante hoxe e mañá. Ás 9:30h quedaba inaugurado o curso titulado «La crisis de la comunicación en tiempos de recesión económica». Dirixido polo catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Xosé López e organizado no marco dos cursos de verán ofrecidos pola Universidade Internacional Menéndez … Leer más

A crise da comunicación en tempos de recesión, un foro de análise e debate para o acontecer actual

Os próximos días 21 e 22 de setembro, algúns dos expertos máis recoñecidos do ámbito académico da comunicación e o xornalismo debatirán sobre os efectos que está a ter a crise económica nos medios de comunicación durante o curso La crisis de la comunicación en tiempos de recesión, dirixido por Xosé López, Xosé Pereira e … Leer más

A rendibilidade e modelos de negocio dos contidos audiovisuais a debate en Novomed 09

Hoxe comeza Novomed 09, xornadas de debate organizadas pola Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), onde os novos medios e os contidos audiovisuais serán o tema central. Novomed reune en Santiago, na Facultade de Ciencias da Comunicación, aos máis recoñecidos e innovadores expertos do ámbito audiovisual. As xornadas terán cinco fíos condutores: a televisión dixital … Leer más