A comunición e a cultura nos espazos de proximidade a debate no Consello da Cultura Galega

O foro de debate celebrarase dende hoxe, luns, ata o mércores no Consello da Cultura Galega.

Hoxe deu comezo o foro A comunicación e a cultura nos ámbitos locais. Estratexias para recuperar, conservar e difundir a cultura nos escenarios de proximidade, organizado polo Arquivo de Comunicación, órgano do Consello da Cultura Galega.

O obxectivo que persegue o comité organizador do evento, -composto por Rosa Aneiros, Henrique Sanfiz e Xosé López- é provocar unha reflexión sobre a cuestión da comunicación e a cultura nos ámbitos locais nun contexto de mundialización que abarca todas as esferas (social, económica, comunicativa…).

Durante os tre días nos que se desenvolverá o foro, expertos en política, comunicación e cultura reflexionarán sobre os procesos de comunicación local na era dixital así como sobre as iniciativas culturais no mapa público da comunicación local de Galicia.

Máis información, aquí.

Deja un comentario