Living Stories é o último experimento que Google Labs acaba de facer público no ámbito da narrativa dixital. O proxecto conta coa colaboración de dous medios de renome dos EUA como son The New York Times e The Washington Post.
Este novo servizo busca presentar a cobertura completa dos medios sobre un determinado tema baixo unha visualización cronolóxica a través dunha liña do tempo. Ademais, outras noticias secundarias relacionadas dalgún xeito co tema principal tamén se poñen a disposición do lector nun segundo plano de navegación. Ademais, usuarios que se adentren neste novo experimento do laboratorio de aplicacións da compañía de Silicon Valley verán como a aplicación recorda a súa navegación previa para aforrarlles ler cousas que xa leron. Sen dúbida, a xente de Google Labs está traballando na ampliación e renovación dos horizontes e estándares da narrativa dixital. A continuación tedes unha demostración das posibilidades de Living Stories.