A profesora Berta García Orosa, docente do Departamento de Ciencias da Comunicación e investigadora do grupo Novos Medios, vén de ser acreditada para catedrática da área de Xornalismo. Berta García Orosa é licenciada en Xornalismo e Ciencias Políticas e da Administración, encabeza un proxecto de investigación titulado Radón en España: percepción de la opinión pública, agenda mediática y comunicación del riesgo (RAPAC) e lidera, con Xosé López, a liña de investigación en xornalismo dixital (medios nativos dixitais) do grupo Novos Medios. As súas principais liñas de investigación son a comunicación política e a o xornalismo dixital. A investigadora, cunha brillante traxectoria académica e científica, realizou estadías de investigación na Universidade do Minho (Portugal), México, Costa Rica, Brasil e Uruguai.
Para máis información sobre a producción científica de Berta García Orosa, ten activo o seu perfil en Google Scholar e no portal de investigación da USC.