Novos Medios promove un encontro científico de grupos de investigación para tecer redes arredor da innovación

Os días 13 e 14 outubro a Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago acollerá un encontro científico que, organizado polo grupo Novos Medios, contará con investigadores e profesores de diferentes universidades españolas que compartirán os seus coñecementos xunto con expertos do ámbito profesional relacionados cos procesos de innovación.

Trátase dun encontro no que conflúen tres equipo de investigación que integran diferentes aspectos da comunicación, o xornalismo e a innovación. Dous dos equipos de investigación pertencen á Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, o proxecto Medios nativos dixitais en España: estratexias, competencias, implicación social e (re)definición de prácticas na produción e difusión xornalísticas (DIGINATIVEMEDIA), que lideran os profesores Xosé López e Berta García Orosa, e o proxecto liderado polo profesor Miguel Túnez López e Francisco Campos Freire titulado Medios audiovisuais públicos ante o ecosistema das plataformas: modelos de xestión e avaliación do valor público de referencia para España (VALCOMM). O terceiro equipo de investigación Ecosistemas de innovación nas industrias da comunicación: actores, tecnoloxías e configuracións para a xeración de innovación en contido e comunicación (INNOVACOM), liderado por Juan Miguel Aguado Terrón e María del Mar Grandío Pérezpertence á Facultade de Ciencias da Comunicación e Documentación da Universidad de Murcia.

Durante a primeira xornada presentaranse os diferentes proxectos de investigación e liñas de traballo, a continuación realizaranse tres grupos focais de expertos co fin de compartir as experiencias e retos que supoñen os procesos de innovación na comunicación. Na segunda xornada abordaranse os diferentes usos e metodoloxías nos procesos de innovación e para finalizar se realizará un debate conxunto sobre temas tratados.

Programa