Proxecto I+D
Radón en España:
percepción da opinión pública, axenda mediática e comunicación do risco
(RAPAC)
Consello de Seguridade Nuclear (SUBV-13/2021)
comunicaradon.es
- Proxecto: Radón en España: percepción da opinión pública, axenda mediática e comunicación do risco (RAPAC)
- Organismo: Consello de Seguridade Nuclear
- Referencia: SUBV-13/2021
- Investigadora principal: Berta García Orosa
- Duración: 3 anos (2021-2024)
- Referencia a este proxecto: “Este artigo elaborouse no marco do proxecto Radón en España: percepción da opinión pública, axenda mediática e comunicación do risco (RAPAC) do Consello de Seguridade Nuclear (SUBV-13/2021)”
Obxectivos
O proxecto ten como obxectivo principal analizar a percepción pública do radón en España para propoñer accións de comunicación dirixidas a diferentes sectores da sociedade e das comunidades autónomas máis afectadas.
Os resultados obtidos en investigacións anteriores amosan catro tendencias:
- a relevancia do gas radón na saúde pública xa que é, en moitos lugares, a principal causa de cancro de pulmón
- a importancia dunha cidadanía informada e concienciada na redución dos efectos do radón
- a comunicación dixital como ferramenta de prevención de efectos perniciosos
- a importancia dos medios dixitais nativos e matriciais na conformación da axenda e da opinión pública.
O proxecto pretende coñecer a percepción da cidadanía española sobre o gas radón, a axenda mediática marcada por medios nativos e matriciais, a axenda marcada polas fontes de información institucionais, a percepción de profesionais implicados e, finalmente, deseñar un plan de comunicación e estratexias que poidan servir para liquidar as debilidades atopadas na percepción da opinión pública española sobre o radon. Deste xeito, poderase diagnosticar a situación real de coñecemento e concienciación, as fortalezas e debilidades na comunicación e deseñar retos de futuro.
Obxectivos específicos
- Analizar a percepción da opinión pública, cartografando o coñecemento da cidadanía sobre o radón nas diferentes comunidades autónomas.
- Determinar as principais estratexias comunicativas empregadas polos medios de comunicación dixitais sobre o radón.
- Analizar a axenda institucional e a información facilitada dende as fontes institucionales das comunidades en función á incidencia de radón.
- Avaliar a percepción sobre o radón de xornalistas, directores de comunicación, políticos e/ou técnicos.
- Deseñar un plan de comunicación para aumentar a eficacia na comunicación do risco sobre o gas radón a partir de recursos dixitais.

Premisas iniciais
A relevancia do radón en España, especialmente nalgunhas das comunidades autónomas.
O risco do radón para a saúde pública.
A relevancia dos medios de comunicación dixitais e dos gabinetes de comunicación institucionais na divulgación e conformación da opinión pública.
A importancia de coñecer a percepción da cidadanía antes de planificar accións de comunicación.
A relevancia dunha boa comunicación e divulgación sobre o radón para evitar riscos para a saúde e custos económicos a corto e medio prazo.
Equipo de investigación
- Berta García Orosa (IP)
- Xosé López García
- María Cruz Negreira Rey
- Sara Pérez Seijo
- Ana Isabel Rodríguez Vázquez
- Alba Silva Rodríguez
- José Sixto García
- Xosé Soengas Pérez
- Jorge Vázquez Herrero
- Ángel Antonio Vizoso García
Mapa interactivo
O Consello de Seguridade Nuclear pon a disposición o Mapa do potencial de radón en España no seu espazo web dedicado ao gas radón, que inclúe esta visualización con ArcGIS.