A accesibilidade á información, protagonista do encontro entre o Grupo de Pesquisa em Jornalismo Online (UFBA) e o Grupo Novos Medios

Nas xornadas do 4 e o 5 de xullo, tivo lugar un encontro entre investigadoras e investigadores do Grupo de Pesquisa em Jornalismo Online (GJOL)  da Universidade Federal da Bahia e unha representación do Grupo Novos Medios. As xornadas xiraron arredor da idea da accesibilidade aos medios de comunicación e á información, formando parte das actividades do proxecto #AcesseJOR.

O webinario, que contou coa asistencia de máis dunha trintena de persoas, abordou en primeiro lugar os principais achados do proxecto “Cibermedios nativos digitales en España: formatos narrativos y estrategia móvil”. Así, foi posible trasladar ideas como o fortalecemento da presenza dos cibermedios nativos dixitais ou a ampla variedade de modelos e estratexias entre estas marcas xornalísticas.

Xa de cheo no terreo da accesibilidade, esta noción foi abordada dende diferentes ángulos. Ideas como a rendición de contas, o rol dos dispositivos móbiles á hora de facilitar o acceso á información, a adaptación dos modelos de negocio ás necesidades e condicións das audiencias e a transparencia foron algunhas das temáticas tratadas neste encontro. Ademais, tamén houbo espazo para unha visión máis técnica do concepto de accesibilidade. Todo isto a través da exposición do rol da tecnoloxía no eido da adaptación ou dalgunhas das principais iniciativas e retos aos que se enfrontan os medios de comunicación á hora de presentar os seus contidos informativos de xeito que poidan ser consumidos por calquera persoa.

Así pois, estas dúas xornadas de traballo non só serviron para reflexionar sobre a importancia de facer un xornalismo accesible para todos os sectores da cidadanía. O encontro contribúe tamén ao reforzo das relacións entre o Grupo de Pesquisa em Jornalismo Online e o Grupo Novos Medios, no marco dunha colaboración iniciada hai xa máis dunha década.

 

Programa

4 de xullo

  • Presentación de los principales resultados del proyecto “Cibermedios nativos digitales en España: formatos narrativos y estrategia móvil”
    Berta García-Orosa, Xosé López-García
  • Periodismo y rendición de cuentas
    José Sixto-García
  • Accesibilidad y comunicación móvil
    Alba Silva-Rodríguez
  • El acceso a los medios de comunicación. Modelos de negocio en el periodismo
    Marta Rodríguez-Castro
  • La visualización de la información ante el reto de la accesibilidad
    Ángel Vizoso

5 de xullo

  • Tecnología y accesibilidad
    Martín Vaz-Álvarez
  • Periodismo transparente. Periodismo accesible
    Sara Pérez-Seijo
  • Accesibilidad y narrativas periodísticas
    Jorge Vázquez-Herrero
  • Información accesible
    María-Cruz Negreira-Rey