Vilanova i la Geltrú acogerá el 5 º Seminario Internacional de Periodismo Digital

La Escola Politècnica Superior d´Enginyeria de Vilanova i la Geltrú será la sede de la quinta edición del seminario de periodismo digital los días 17, 18,19 y 20 de noviembre.  En esta edición el tema central será la participación de los ciudadanos en la elaboración de los contenidos: “Este año queramos centrar nuestra atención en … Ler máis

A análise dos sistemas mediáticos e políticos centrou un curso da UIMP en Aciveiro

O sábado clausurouse o curso “Europa ante o desafío da reordenación do sistema mediático” que a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) organizou no Mosteiro de Aciveiro (Forcarei-Pontevedra) os días 17, 18, 19 e 20 de outubro. Dito encontro reuniu a investigadores e docentes procedentes de España, Italia e Portugal e relacionados coas Ciencias da Comunicación e Política, que reflexionaron sobre as pautas que Europa, España e tamén Galicia teñen que asumir ante a reordenación que se está a producir no sistema mediático actual.

No seminario analizáronse diversos temas de actualidade como o desenvolvemento das novas tecnoloxías, o estancamento do audiovisual, a polarización política, a ausencia de identidade propia nos medios de comunicación, a prevalencia do mercado e tamén a ausencia de políticas públicas no sector audiovisual.

Ler máis

O 15 de outubro remata o prazo de envío de abstracts para o congreso I+C Investigar a Comunicación

O vindeiro luns 15 de outubro remata o prazo de presentación de propostas para o Congreso I+C Investigar a Comunicación, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 30 e 31 de xaneiro e 1 de febreiro de 2008. Os eixos temáticos deste congreso son fundamentalmente catro: – I+C: democracia e cidadanía (Ponentes: Dan … Ler máis

O ComLoc 2007 discutirá o papel da televisión dixital no panorama comunicativo na fin da era analóxica

29 e 30 de novembro, Universitat Jaume I de Castellón No ano 2002, o Congreso de Comunicación Local (ComLoc 2002) xa tratara o papel dos medios audiovisuais no ámbito local e este ano, coa fin da era analóxica máis preto e baixo o título “La televisión digital ante el fin de la era analógica”, retormarase o … Ler máis

1º Foro Internacional de Contidos Dixitais (FICOD 2007)

Os días 6,7 e 8 de novembro, o recinto ferial IFEMA de Madrid acollerá a 1ª Edición do Foro Internacional de Contidos Dixitais (FICOD), que é o resultado da posta en marcha dunha serie de medidas aprobadas polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e que se enmarcan no Plan Avanza para o desenvolvemento da Sociedade da Información e … Ler máis

A influencia dos avances tecnolóxicos nas políticas culturais e de comunicación, a debate

Cidade de México, 19 e 20 de novembro Os avances tecnolóxicos experimentados nas últimas décadas e a súa relación coas políticas de comunicación e culturais son o tema central do VI Congreso Internacional de la Unión Latina de Economía Política de la Información, la Comunicación y la Cultura (ULEP-ICC): Innovaciones tecnológicas, comunicación y cambio social, … Ler máis

Internet é a base das novas fórmulas de comunicación

Esta é unha das principais ideas que se recolleu do curso de verán organizado pola USC. Internet está a propiciar tamén unha redefinición do concepto de medios que a sociedade tiña ata o momento. A comunicación interactiva, a televisión 2.0, a implantación da TDT en Galicia, a web TV, a converxencia dixital, os novos modelos de negocio os cibermedios e a radio e a televisión multimedia foron os temas que centraron os catro días nos que se realizou o curso de verán da USC “TV Dixital Terrestre e por Internet”

Algunhas das ideas e impresións sobre os diferentes aspectos tratados no curso recóllense a continuación:

– Rosa Franquet, Catedrática de Comunicación Audiovisual da UAB, resaltou que hoxe en día, o grao de penetración que ten a televisión non o teñen outros medios de comunicación e esta situación parece que non vai cambiar sustancialmente nos próximos 10 anos. Ese grao de penetración posibilita novas fórmulas de comunicación, como é o caso da web-TV. Neste caso, a interactividade televisiva considérase unha posibilidade de renovación da TV e permite agregar valor ós servizos de televisión. Ademais tamén hai que coñecer as limitacións das plataformas, xa que é a única vía para explotar con eficiencia as súas potencialidades.

Ler máis

O futuro da TDT autonómica e local en Galicia

Outro dos temas principais que se abordou no curso de verán da USC foi o da TDT autonómica e local que abriu un amplo debate no que interviron Xesús Iglesias (director da TVG), Carlos Carballo (Televoz), Rafael Ramos (COPE), Luis Pérez (Correo TV) e Javier Otero (Localia).

Tódolos representantes dos principais medios audiovisuais galegos amosaron unha visión un tanto pesimista sobre o futuro da Televisión Dixital Terrestre autonómica e local xa que consideran que a nova televisión implicará, sobre todo, moitos gastos e que precisará de fortes inversións. Ademais, sobre a posible traxectoria da TDT afirmaron que o seu será un futuro incerto debido ó elevadísimo custe da rede. Por iso reclamaron o apoio institucional, que é clave para poder poñer en marcha este proxecto. Neste caso, Rafael Ramos (COPE) afirmou que a axuda da Administración é vital porque cubrir Galicia custa doce veces e media máis que cubrir Murcia e a audiencia non é maior.

Pola suá parte, Carlos Carballo (Televoz) explicou que existe un escaso esforzo da  Administración para a implantación da nova televisión e que para rentabilizar un operativo de semellante envergadura fai falla tempo, tempo do que non de dispón.    

Ler máis

TVIP: Un novo concepto de televisión

O concepto que tiñamos ata o de agora da televisión ten que mudar. Dentro do curso de verán “Tv Dixital Terrestre e por Internet, Comunicación Interactiva e Hipermedia”, organizado polo Grupo de Investigación Novos Medios e celebrado recentemente na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, representantes de Vivocom presetan a Web TV.

Internet está provocando unha redefinición do concepto dos medios de comunicación que tiñamos ata o de agora, e a televisión non podía quedar a un lado deste fenómeno. O 2006 foi o ano do vídeo por Internet, o desenvolvemento das novas tecnoloxías permitu que por fin sexa posible ver vídeo a través da rede con boa calidade e mesmo distribuido en directo. Con este panorama o desenvolvemento de novos conceptos de televisión por Internet era inminente.

Paralelamente á implantación da Televisión Dixital Terrestre e á planificación de novos servizos de interactividade en contidos televisivos distribuidos a través de diversos soportes e canles (telefonía móbil, televisión por cable, televisión dixital terrestre…); aparece a tecnoloxía IPTV que fai emerxer a Web TV.

Ler máis