O concepto que tiñamos ata o de agora da televisión ten que mudar. Dentro do curso de verán «Tv Dixital Terrestre e por Internet, Comunicación Interactiva e Hipermedia», organizado polo Grupo de Investigación Novos Medios e celebrado recentemente na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, representantes de Vivocom presetan a Web TV.
Internet está provocando unha redefinición do concepto dos medios de comunicación que tiñamos ata o de agora, e a televisión non podía quedar a un lado deste fenómeno. O 2006 foi o ano do vídeo por Internet, o desenvolvemento das novas tecnoloxías permitu que por fin sexa posible ver vídeo a través da rede con boa calidade e mesmo distribuido en directo. Con este panorama o desenvolvemento de novos conceptos de televisión por Internet era inminente.
Paralelamente á implantación da Televisión Dixital Terrestre e á planificación de novos servizos de interactividade en contidos televisivos distribuidos a través de diversos soportes e canles (telefonía móbil, televisión por cable, televisión dixital terrestre…); aparece a tecnoloxía IPTV que fai emerxer a Web TV.