Esta é unha das principais ideas que se recolleu do curso de verán organizado pola USC. Internet está a propiciar tamén unha redefinición do concepto de medios que a sociedade tiña ata o momento. A comunicación interactiva, a televisión 2.0, a implantación da TDT en Galicia, a web TV, a converxencia dixital, os novos modelos de negocio os cibermedios e a radio e a televisión multimedia foron os temas que centraron os catro días nos que se realizou o curso de verán da USC «TV Dixital Terrestre e por Internet»
Algunhas das ideas e impresións sobre os diferentes aspectos tratados no curso recóllense a continuación:
– Rosa Franquet, Catedrática de Comunicación Audiovisual da UAB, resaltou que hoxe en día, o grao de penetración que ten a televisión non o teñen outros medios de comunicación e esta situación parece que non vai cambiar sustancialmente nos próximos 10 anos. Ese grao de penetración posibilita novas fórmulas de comunicación, como é o caso da web-TV. Neste caso, a interactividade televisiva considérase unha posibilidade de renovación da TV e permite agregar valor ós servizos de televisión. Ademais tamén hai que coñecer as limitacións das plataformas, xa que é a única vía para explotar con eficiencia as súas potencialidades.
– Jorge E. Pérez Martínez, Catedrático da ETSI da Universidade Politécnica de Madrid, explicou que se está producindo un proceso de converxencia de tecnoloxías e mercados, no que nas empresas toman posicións en tódolos sectores relacionados (Tecnoloxías da Información, Contidos, Electrónica Profesional e de Consumo e Telecom). Isto prodúcese porque o valor desprazase ós contenidos (pero ós contidos que se poidan protexer); vaise ós teminais e á xestión e operación de todo o conxunto. Ademais considera que a evolución da tecnoloxía nos próximos 5 anos potenciará o emprego de contados dixitais online en televisión, ordenadores, terminais móviles (teléfonos, PDA, Reproductores de música, etc), videoconsolas, etc.
– Sobre a televisión móvil, cómpre destacar que aínda que hoxe en día o operador é o rei, nun futuro, o contido será o rei. Será preciso, por tanto, desenvolver as novas tecnoloxías para que un mismo contido poida ser recibido a través de diferentes soportes, de xeito que os usuarios poidan comezar a ver un programa no móvil e poidan velo no sofá da casa. Usuarios para os que haberá que xerar contidos específicos debido á crecente segmentación das audiencias.
– Óscar Sacristán, diecrtor de LambdaStream da Coruña destacou que o espítito da nova televisión será “ver lo que quieras, cuando quieras y donde quieras”. Os retos para cumprir neste campo son varios segundo Sacristán: garantizar a calidade do servizo, garantizar ó acceso ós mesmos, protexer os contidos, chegar ó salón da casa e flexibilizar a xeración de novos modelos de negocio.
– O variedade de formato e a distribución multiplataforma caracterizará ós contidos radiofóficos por internet. Así o afirmou Xosé Mª García Lastra que tamén considera que “la radio desaparece tal y como la entendíamos hasta ahora”. Segundo o Director de Xestión de contidos de Unión Radio Cadena Ser os novos medios van ser segmentables, personalizables e sindicalizables. Exíxense contido feitos a medida para cada persoa e camiñamos cara o que el denomina civilización «mis-medios». Por outra parte, Lastra explicou que hai tres razóns que motivan que a radio se faga dixital: Máis calidade de audio, novos servizos e novos negocios.