A profesora Alba Silva Rodríguez e o profesor Jorge Vázquez Herrero, docentes do Departamento de Ciencias da Comunicación e investigadores do grupo Novos Medios, veñen de ser acreditados para profesores titulares de Xornalismo. Alba Silva é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago e doutora pola mesma universidade, mentres Jorge Vázquez graduouse en Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña e doutorouse en Comunicación e Información Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela.
Alba Silva Rodríguez, actual vicedecana da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, está especializada en Xornalismo dixital, Xornalismo móbil e Xornalismo multimedia. Pola súa parte, Jorge Vázquez, actual secretario da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, está especializado en Narrativas dixitais, Documentación informativa, Xornalismo dixital e Novos soportes e arquitectura da información xornalística. Os dous investigadores teñen unha brillante traxectoria académica e científica, con estadías de investigación en universidades de referencia e con publicación de artigos científicos nas principais revistas do campo da Comunicación.
Para máis información sobre a produción científica de Alba Silva Rodríguez, ten activo o seu perfil en Google Scholar e no Portal da Investigación da USC.
Para máis información sobre a produción científica de Jorge Vázquez Herrero, ten activo o seu perfil en Google Scholar e no Portal da Investigación da USC.