Intercambio de experiencias de grupos de investigación en Comunicación

O Grupo Novos Medios (GI-1641), no marco da súa liña de estreitar relacións cos grupos de investigación no campo da Comunicación Dixital, organiza o día 16 de febreiro, ás 18 horas, na sala de xuntas do Departamento da Facultade de Ciencias da Comunicación, unha reunión de traballo cos responsables do Grupo de Estudios sobre Periodismo y Comunicación (SEJ067), da Universidade de Málaga, Pedro Farias, Bernardo Gómez Calderón e Francisco Javier Paniagua. Á sesión están convocados todos os integrantes de Novos Medios.

O Grupo de Estudios sobre Periodismo y Comunicación está desenvolvendo diversas actuacións do plan de traballo do principal proxecto I+D+i que ten en marcha: El uso informativo de las redes sociales por parte de los jóvenes españoles: consumo incidental de noticias, condicionantes tecnológicos y credibilidad de los contenidos periodísticos.