Carlos Toural Bran, secretario do grupo Novos Medios, vén de gañar unha praza de profesor titular da área de Xornalismo, no Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. A comisión de selección, presidida polo catedrático José Soengas Pérez, estivo formada polos profesores catedráticos Carlos Elías Pérez (Universidad Carlos III de Madrid), Carmen Marta Lazo (Universidad de Zaragoza), Bella Palomo Torres (Universidad de Málaga) e Xosé López (Universidade de Santiago de Compostela).
Toural Bran, que na actualidade dirixe o Gabinete do Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, é licenciado en Xornalismo e doutor en Comunicación pola USC.
Máis información: perfil en Google Scholar