Information Visualization in the Era of Innovative Journalism

Information Visualization in the Era of Innovative Journalism

Máis de trinta investigadores de tres continentes xuntan esforzos para a análise da evolución da visualización da información e a súa aplicación ao xornalismo en Information Visualization in the Era of Innovative Journalism. Este volume, promovido por investigadoras e investigadores do grupo Novos Medios, leva a cabo un repaso retrospectivo e prospectivo sobre a presenza da visualización da información como ferramenta para a comunicación humana nun contexto de cambio constante motivado pola innovación tecnolóxica. A principal misión do libro é dar conta da adaptación da visualización da información e, de xeito máis particular, dun bo número de formatos visuais a este escenario de mudanzas.

Publicado pola editorial Routledge, Information Visualization in the Era of Innovative Journalism aparece como resultado das actividades realizadas nos proxectos Cibermedios nativos dixitais en España: formatos narrativos e estratexia móbil e Novos valores, gobernanza, financiación e servizos audiovisuais públicos para a sociedade de Internet: contrastes europeos e españois, actualmente en curso no seo do grupo Novos Medios.

Este libro, publicado o 21 de abril de 2020, está dispoñible tanto en formato impreso como e-book  na páxina web da editorial Routledge