Investigadores de Novos Medios editan un monográfico sobre a desinformación na era da IA en Social Sciences

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é banner-1024x539.png

A revista Social Sciences, publicada por MDPI, convida a investigadores e profesionais do ámbito das ciencias sociais, a comunicación, a tecnoloxía e outras disciplinas relacionadas a enviar artigos orixinais para o número especial titulado “Disinformation in the Age of Artificial Intelligence” (A desinformación na era da intelixencia artificial). Este monográfico está editado por Xosé López, José Casás, Alba Silva e Ana Isabel Rodríguez.

Nun contexto no que a intelixencia artificial está a transformar radicalmente os modos de creación, distribución e consumo da información, este número especial pretende afondar nas formas nas que a IA pode tanto amplificar como combater a desinformación. Anímase especialmente á presentación de traballos empíricos, teóricos e estudos de caso que analicen:

  • O uso da IA na creación de noticias falsas e contidos manipulados.
  • O papel dos algoritmos na amplificación da desinformación.
  • Ferramentas baseadas en IA para a detección automática de contido falso.
  • Dimensións éticas, sociais e políticas do fenómeno.
  • Estudos de percepción e alfabetización mediática ante a desinformación dixital.

A data límite para o envío de manuscritos é o 30 de novembro de 2025.

Envío do resumo: 30 de abril de 2025.

Todos os artigos serán avaliados mediante revisión por pares e publicados en acceso aberto se son aceptados. Para máis información sobre as directrices editoriais, visita a páxina oficial da convocatoria:

👉 Accede á convocatoria aquí

Deixa un comentario