A profesora Carmen Costa, da Universidade da Coruña, e Xosé López, da Universidade de Santiago e do grupo Novos Medios, son os coordinadores dun monográfico da revista Doxa sobre Comunicación e Big Data. A chamada de artigos está aberta ata o 30 de xuño deste ano 2023 e a data de publicación está anunciada para o 1 de xaneiro de 2024.
Os eixos temáticos dos traballos para este volumen inclúen desde periodismo e big data ata novos perfís profesionais, comunicación corporativa e big data, ecosistema mediático e big data, ética, comunicación e big data, e ferramentas e estudos de caso, entre outros.
Máis información en: https://revistascientificas.uspceu.com/doxacomunicacion/libraryFiles/downloadPublic/62