Nun proxecto financiado pola Comisión Europea e liderado polo catedrático Ramón Salaverría, da Universidade de Navarra
O consorcio de investigación IBERIFIER obtén financiación da Comisión Europea para conformar un dos oito hubs rexionais do European Digital Media Observatory. O proxecto ten por obxectivo a monitorización das ameazas da desinformación e o estudo dos medios dixitais.
O consorcio está formado por doce universidades, cinco fact-checkers e axencias de noticias e seis centros de investigación multidisciplinar. A iniciativa está liderada polo catedrático Ramón Salaverría, da Universidade de Navarra. Dende a Universidade de Santiago de Compostela, o grupo de investigación Novos Medios participa con varios investigadores no equipo.
O observatorio analizará as características e tendencias do ecosistema mediático ibérico, aplicará tecnoloxías computacionais para a detección de desinformación, verificará contidos con reportes á Comisión Europea, publicará informes estratéxicos sobre ameazas de desinformación e, por último, levará adiante iniciativas de alfabetización mediática.
1 comentario en “Novos Medios participa na creación dun observatorio de medios dixitais en España e Portugal”
Os comentarios están pechados.