Francisco Campos, investigador principal de Novos Medios, gañou o concurso de cátedra da área de Xornalismo convocado pola Universidade de Santiago de Compostela. Campos Freire, cunha longa traxectoria profesional e investigadora no campo do Xornalismo, lidera varios proxectos de investigación no ámbito audiovisual (sobre os valores do servizo público e sobre a transformación do audiovisual na sociedade rede).
O tribunal da praza que conseguiu en concurso público Francisco Campos estivo presidido pola catedrática Margarita Ledo, da USC, e do mesmo formaron parte os catedráticos Javier Marzal, da Jaume I; Marcial Murciano, da Autónoma de Barcelona; e Mercedes Caridad, da Carlos III de Madrid, e Xosé López, da USC.