London 2012 sácalle partido á polémica xerada arredor do seu logotipo

A organización crea unha web destinada únicamente a que os usuarios podan opinar sobre a imaxe corporativa e facer as súas propostas persoais

londres.jpg

O logotipo das vindeiras Olimpiadas en Londres para o ano 2012 segue a xenerar polémica. Pero non é a valoración sobre a pertinencia da elección desta imaxe o que aqui nos ocupa, senon as novas vías de participacón que a organización de London 2012 está abrindo sacándolle proveito a polémica xerada.

London 2012 creou unha web adicada en exclusiva á imaxe das Olimpiadas do 2012. Nela os usuarios poden opinar sobre o logotipo e enviar as súas propostas de deseño. O sorprendente non se reduce tan só a existencia desta páxina, senon que ademais este é o site principal das Olimpiadas do 2012, gardada baixo o dominio www.london2012.org, e dende ela o usuario pode acceder á outra web con contidos do evento, que só se atopa no dominio http://main.london2012.com. Sen dúbida unha forte e arriscada aposta comunicativa que confía na participación cidadá como unha boa ferramenta publicitaria.

Teresa de la Hera

Deixa un comentario