Do 19 ao 22 de maio, o grupo Novos Medios desprazouse a Pontevedra, sede do X Congreso Internacional da Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC). Baixo o título Comunicar en la incertidumbre, o maior evento científico de España no ámbito da Comunicación reuniu a máis de 450 investigadores e investigadoras neste punto de encontros, debates e recoñecementos.
O grupo Novos Medios da USC tivo unha ampla presenza no congreso, con 21 autores de 16 comunicacións nas que se compartiron resultados dos proxectos NEXTDIGIMEDIA, OpenPSM, XornalIA, DataECO e IBERIFIER Plus. Os investigadores do grupo participaron tamén nas sesións plenarias, as actividades das seccións e a Red Joven da AE-IC en tres xornadas intensas e frutíferas.
Segundo o aprobado na asemblea anual, o próximo congreso celebrarase en Zaragoza no ano 2028, aínda que antes haberá novos encontros no doctorial de Cuenca (2027) e nas actividades que regularmente convocan as seccións ao longo do ano.
