
Os días 20 e 21 de xaneiro celebrouse na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o Cumio Ibérico de Xornalismo Local. Este encontro, organizado por Novos Medios en colaboración co proxecto MediaTrust.Lab – Local Media Lab for Civic Trust and Literacy do profesor Pedro Jerónimo da Universidade da Beira Interior (Portugal), serviu para examinar a situación actual do xornalismo de proximidade e os retos aos que se enfronta.
Os participantes subliñaron o valor xornalístico da proximidade, nun momento de transformación por mor da IA e a fragmentación de audiencias. Tamén se abordaron cuestións como os desertos de noticias, a desinformación ou os modelos de negocio. Por parte da USC, interviñeron os seguintes relatores: Berta García, Jorge Vázquez, Miguel Túñez, Ángel Vizoso, Sara Pérez, Cruz Negreira, Alberto Quian, Alba Silva, Marta Rodríguez, Ana Isabel Rodríguez e Rubén Rivas de Roca, coordinador do Cumio.
Pola súa banda, alén do profesor Pedro Jerónimo, participaron outros tres académicos vencellados a súa unidade de investigación (LabCom): Luísa Torre (Universidade da Beira Interior, Portugal), Giovanni Ramos (Instituto Politécnico de Coímbra, Portugal) e Lucas Cabral (Universidade Federal de Santa Catarina, Brasil).
As xornadas serviron tamén para avanzar en novos horizontes de colaboración na investigación en Comunicación entre Galicia e Portugal.