Monográfico sobre medios nativos dixitais en EPI

A revista científica Profesional de la información (SJR Q1, JCR Q3) publica a chamada de artigos para o seu Volume 32, Número 2, correspondente a marzo-abril de 2023, que ten como tema central o Ecosistema de medios nativos dixitais. O prazo para o envío de traballos permanecerá aberto ata o 10 de setembro.

Para este número de Profesional de la información recóllense artigos que se centren en analizar o desenvolvemento dos medios nativos dixitais e os seus diferentes modelos e estratexias. Entre os temas prioritarios figuran os seguintes:

  • Impacto da dixitalización na transformación dos medios de comunicación
  • Migración dos medios herdados (legacy media) ao escenario dixital
  • Nacemento, desenvolvemento e evolución dos medios nativos dixitais
  • Modelos de negocio e xestión
  • Renovación de perfís profesionais
  • Participación dos cidadáns e estratexias de co-creación
  • Organización das redaccións
  • Papel das audiencias nas novas estratexias de xestión
  • Emprendemento e novos modelos organizativos
  • Modelos e formatos narrativos
  • A alta tecnoloxía na produción e na difusión
  • Hibridacións no ecosistema
  • Rendición de contas e transparencia
  • Elementos básicos do novo xornalismo dixital
  • Estruturas e técnicas xornalísticas para a contorna dixital

Presentación de manuscritos
Se desexa presentar un artigo, por favor lea detidamente os criterios de aceptación da revista e as normas para autores. E logo remita o seu artigo a través da plataforma OJS: http://recyt.fecyt.es/index.php/EPI/index.

Publicación bilingüe
Todos os artigos publícanse en inglés e en español. Os autores poden enviar unha única versión para pasar a revisión por pares. Pediráselles a outra se o artigo é aprobado.

Avaliación
Todos os artigos publicados en EPI son revisados por pares en dobre cego por 2 ou máis membros do Comité Científico Internacional da revista, e outros revisores, sempre externos ao Comité Editorial. A revista comprométese a responder cos resultados da revisión.