O alumnado de Redacción Informativa do Grao en Xornalismo e do Dobre Grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela, baixo a coordinación dos profesores José Casás e Xosé López, elaboraron unha guía de xornalismo medioambiental “colaborativo e transmediático”. En colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a iniciativa segue a estela da Guía de linguaxe inclusiva publicada no 2019.
O chamado Proxecto Xermolo é un proxecto de Innovación Educativa de Aprendizaxe-Servizo na USC. Preséntase nun sitio web que abrangue os principais puntos en relación co xornalismo medioambiental: a problemática, o contexto político e legal, un glosario e entrevistas con expertos e xornalistas.