Francisco Campos recibirá o premio “Diego Bernal 2020”

Francisco Campos, catedrático de Xornalismo e membro do grupo Novos Medios, recibirá o día 23 de xaneiro o premio “Diego Bernal 2020” nun acto en Santiago de Compostela, nos salóns do Hotel Puerta del Camino, que organiza a Asociación de Periodistas de Galicia (APG), entidade promotora do galardón. O profesor Campos Freire foi distinguido co “Diego Bernal” pola súa traxectoria profesional en distintos medios de comunicación de Galicia e pola súa actividade docente e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela.

Máis información en: periodistasdegalicia.es