Aprender a comunicar a ciencia

O 28 e 29 de Setembro terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o primeiro Foro de ‘Ciencia e Comunicación’ de Galicia, lugar de encontro e debate sobre o papel da comunicación científica na sociedade actual.

Organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), a Consellería de Innovación e Industria e o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (in.ci.te) en colaboración coa Facultade de Comunicación de Compostela, este Foro traerá a Santiago a destacados divulgadores científicos e investigadores, así como a estudosos do ámbito da comunicación científica.

Aprender a comunicar a ciencia continúa sendo un reto dos profesionais da comunicación que sobre todo por medio da especialización están conseguindo facer máis próximas a linguaxe, a temática e os conceptos que se manexan no mundo científico. Gemma Revuelta, Francisco Díaz Fierros, Fernando Bouzas, José Pardina, Thomas Tydén, Carolina Moreno, Jorge Mira, Alicia Rivera, Luis Álvarez Pousa e Javier López, principais poñentes convidados, farannos partícipes durante estes dous días da importancia de que exista entendemento e proximidade entre ciencia e comunicación.

Podedes atopar máis información sobre este foro, facendo clic aquí.

Deixa un comentario