[lang_es]Los gestores de contenidos apuestan por la convergencia tecnológica en televisión[/lang_es][lang_gl]Os xestores de contidos apostan pola converxencia tecnolóxica en televisión[/lang_gl][lang_en]The managers of contents bet for the technological convergence in television[/lang_en]

[lang_es]Reunidos en Compostela con motivo de las jornadas Nuevas formas de distribución y consumo audiovisual expertos en la distribución de contenidos audiovisuales ven como un futuro próximo la convergencia tecnológica en televisión, que pasa por “aislar el concepto de televisión de la plataforma a través de la que se recibe la señal”, según explicaba José Antonio Guzmán, Director de Servicios Home de Orange.

Las jornadas, organizadas por la Asociación Galega de Produtoras Independentes, Agapi, se convirtieron en un espacio de reflexión y debate en el que profesionales del sector presentaron sus experiencias y propuestas para adaptarse al nuevo panorama que se presenta ante la evolución de las nuevas tecnologías en el ámbito audiovisual.

Los participantes, entre los que se encontraban representantes de empresas que trabajan ya en la distribución de contenidos audiovisuales como Telefónica, R, Orange o Sogecable, coinciden en que la clave para que el negocio prospere reside en que los consumidores paguen por una oferta de contenidos que pueda ser consumida en cualquier plataforma desde la que hoy en día puede acceder a ellos. En palabras de Jacques Roldán, Director de Contenidos para Nuevos Medios de Sogecable, “el abonado debe poder disfrutar de los contenidos a los que está abonado donde quiera y cuando quiera”. Para alcanzar este objetivo, apuntaba Alfonso Martínez, Director de Marketing Audiovisual de R, que es necesario que “todos los agentes del sector se pongan de acuerdo para que la convergencia funcione”. En la actualidad el principal problema que existe para que esto no sea ya una realidad está relacionado con la gestión de derechos, ya que no todos los productores llegan a un acuerdo con los gestores de contenidos para permitir que esto ocurra.

En las jornadas participó también el profesor y miembro del grupo Novos Medios, Manuel Gago, quien habló de la espectacular evolución de la distribución de video online en los últimos años. Ésta es su presentación para las jornadas.[/lang_es] [lang_gl]Reunidos en Compostela con motivo das xornadas Novas formas de distribución e consumo audiovisual expertos na distribución de contidos audiovisuais ven como un futuro próximo a converxencia tecnolóxica en televisión, que pasa por “illar o concepto de televisión da plataforma a través da que se recibe o sinal”, segundo explicaba José Antonio Guzmán, Director de Servizos Home de Orange.

As xornadas, organizadas pola Asociación Galega de Produtoras Independentes, Agapi, convertéronse nun espazo de reflexión e debate no que profesionais do sector presentaron as súas experiencias e propostas para adaptarse ao novo panorama que se presenta ante a evolución das novas tecnoloxías no ámbito audiovisual.

Os participantes, entre os que se atopaban representantes de empresas que traballan xa na distribución de contidos audiovisuais como Telefónica, R, Orange ou Sogecable, coinciden en que a clave para que o negocio prospere reside en que os consumidores paguen por unha oferta de contidos que poda ser consumida en calquera plataforma. En palabras de Jacques Roldán, Director de Contidos para Novos Medios de Sogecable, “o abonado debe poder gozar dos contidos aos que está abonado onde queira e cando queira”. Para alcanzar este obxectivo, apuntaba Alfonso Martínez, Director de Marketing Audiovisual de R, que é necesario que “todos os axentes do sector se poñan de acordo para que a converxencia funcione”. Na actualidade o principal problema que existe para que isto non sexa xa unha realidade está relacionado coa xestión de dereitos, xa que non todos os produtores chegan a un acordo cos xestores de contidos para permitir que isto ocorra.

Nas xornadas participou tamén o profesor e membro do grupo Novos Medios, Manuel Gago, quen falou da espectacular evolución da distribución de vídeo online nos últimos anos. Esta é a súa presentación para as xornadas.[/lang_gl] [lang_en]Assembled in Compostela on the occasion of the New ways of distribution and audio-visual consumption experts in the distribution of audio-visual contents see as a next future the technological convergence in television, which passes for ” isolating the concept of television of the platform across which the sign is received “, as was making clear Jose Antonio Guzmán, The Director of Home Services from Orange

The event organized by the Asociación Galega de Produtoras Independentes, Agapi, turned into a space of debate into that professionals of the sector presented their experiences and offers to adapt to the new panorama that presents the evolution of the new technologies in the audio-visual area.

Participants, among whom there were representants of companies who are employed already at the distribution of audio-visual contents as Telefonica, R, Orange or Sogecable, coincide with that the key in order that the business prospers resides in that consumers pay for an offer of contents that can consume in any platform. In words of Jacques Roldán, Director of Contents for New Media of Sogecable, “subscribers must be able to enjoy the contents to which are paying whereever they want and whenever the want”. To reach this aim, there was aiming Alfonso Martínez, Audio-visual Marketing Manager of R, that is necessary that ” all the agents of the sector put in agreement in order that the convergence works “. At present the principal problem that exists in order that this is not already a reality is the management of rights, because not all the producers reach an agreement with the managers of contents to allow that this should happen.

In the event took part the teacher and member of the group Novos Medios, Manuel Gago , who spoke about the spectacular evolution of the distribution of video online in the last years. This one is his presentation.[/lang_en]

[lang_gl]Jesús Timoteo: “A TV debería ter mecanismos de regulación parecidos aos do mundo das finanzas, como é o caso da bolsa de valores” (Aciveiro) [/lang_gl][lang_es]Jesús Timoteo: “La TV debería tener mecanismos de regulación parecidos a los del mundo de las finanzas, como es el caso de la bolsa de valores” (Aciveiro)[/lang_es][lang_en]Jesus Timoteo: “The TV should have regulatory mechanisms similar to those in the world of finance, such as the stock market” (Aciveiro)[/lang_en]

[lang_gl]O encontro que se celebrou no mosteiro de Aciveiro, no que participaron primeiras figuras do ámbito académico e comunicativo español, tratou temas relativos ao funcionamento e estruturación dos medios de comunicación públicos na Sociedade da Información.O obxectivo é “reflexionar sobre o debate permanente existente sobre os modelos de organización e xestión dos medios públicos”, como avanzaba Xosé López na presentación, ao tempo que “xurdirán posibles medidas a aplicar ás estruturas mediáticas que lles axuden a adaptarse ás condicións do panorama da Sociedade da Información e o Coñecemento no que lles tocou desenvolver a súa labor”.
“A TV debería ter mecanismos de regulación parecidos aos do mundo das finanzas, como é o caso da bolsa de valores”, Jesús Timoteo
O primeiro en tomar a palabra foi o catedrático da Universidade Complutense de Madrid Jesús Timoteo, que baixo o título Contexto histórico del nacimiento de los medios de comunicación públicos y desafíos en el actual panorama mediático de la Unión Europea trazou un marco cronolóxico da televisión pública en Europa. Así, os procesos que fan referencia á televisión propagandística dos primeiros anos do século XX, á posterior aparición das primeiras iniciativas privadas nos anos 20, ao proceso de desregulamentación xurdido a partires da década dos 80 e, por último, ao proceso dexenerativo que veñen sufrindo as televisións públicas nos últimos lustros foron o fío condutor da intervención de Timoteo.
O catedrático da Universidade Complutense demandou, no peche da súa ponencia, a necesidade de crear mecanismos reguladores para os medios públicos e, particularmente para a televisión, similares aos modelos de control existentes no mundo das finanzas e, concretamente, na bolsa de valores. Para Timoteo ademais, sería unha boa solución para o sistema de medios públicos que está “en crise”, que as televisións públicas se limitasen exclusivamente á información namentras que o “entretemento debería ser xestionado fundamentalmente polas televisións de titularidade privada”.

“A TV pública debe respetar as misións adquiridas como servizo público”, Ramón Zallo
O seminario continuou da man do catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade do País Vasco Ramón Zallo, que expuxo a situación da televisión pública nun contexto mediático caracterizado pola diversificación, a fragmentación e a privatización do mapa comunicativo español. Baixo o título Políticas públicas para RTV: una nueva institucionalización, o académico vasco puxo de manifesto a necesidade de entender o concepto de servizo público coma un mecanismo ao servizo da convivencia da sociedade e da cohesión social que debe ter como fins contribuír a fomentar a cultura e a lexitimar publicamente a lingua propia, ademais de ser vehículo de creación de opinión pública grazas á súa caracterización como elemento integrador da cidadanía.
A televisión concebida como servizo público debe estruturarse en relación a unhas misións determinadas que lle permitan acadar os fins propios de todo servizo público. Así, segundo apuntou Zallo, será determinante que as televisións públicas se convirtan nun espazo xerador de opinión pública que permita a integración socio-político-cultural de cada comunidade diferenciada como sociedade democrática.

“A eclosión de Internet representa a necesidade dunha nova regulación xurídica”, Marc Carrillo
O seguinte en intervir foi Marc Carrillo, catedrático de Dereito Constitucional da Universitat Pompeu Fabra e Conseller del Consell Consultiu, que afondou nas cuestións relativas ao Marco normativo de los medios de comunicación en la Europa del siglo XXI.
Carrillo afondou na lexislación estatal do ano 2006, que afecta ás comunidades autónomas restrinxindo o seu poder de xestión con respecto á lei anterior. O catedrático catalán contextualizou esta normativa enmarcándoa na reforma da lexislación europea relativa aos medios de comunicación do ano 2007, que destaca pola flexibilización das normas que regulan a publicidade e fomenta a autorregulación da mesma e pola distinción entre servizos lineais (recepción pasiva a través da televisión ou Internet) e non lineais (televisión á carta, por exemplo).

Bernardo Díaz-Nosty presentou a súa visión do modelo de televisión pública “sostible” baixo o título Los medios de comunicación públicos como dinamizadores de las industrias culturales. Unha televisión “sostible” é o modelo que propugna o catedrático da Universidade de Málaga Bernardo Díaz-Nosty. “temos a obrigación de defender un modelo de televisión que lle poidamos deixar aos nosos fillos” sentenciou o profesor Díaz-Nosty. Facendo unha metáfora co concepto da sostibilidade enerxética, expuxo os alicerces sobre os que hai que crear os novos modelos de medios públicos “que fomenten o debate, a formación e a calidade de vida”.

“O Canon en España debería custar uns 175 euros”, Francisco Campos
Baixo o título Panorama europeo de los modelos de producción y gestión de los medios públicos os profesores da Universidade de Santiago de Compostela, Francisco Campos e Xosé Soengas fixeron unha análise sobre a situación actual en España. O profesor Campos falou tamén dun estudio que realizou no que o prezo que lle debería corresponder a España se nalgún momento adoptase o canon pola Televisión Pública rondaría os 175 euros, un pouco menos da media europea. [/lang_gl] [lang_es]El encuentro que se celebró en el convento de Aciveiro, en el que participaron primeras figuras del ámbito académico y comunicativo español, trató temas relativos al funcionamiento y estruturación de los medios de comunicación públicos en la Sociedad de la Información.El objetivo es “reflexionar sobre el debate permanente existente sobre los modelos de organización y gestión de los medios públicos”, como avanzaba Xosé López en la presentación, al tiempo que “surgirán posibles medidas a aplicar a las estructuras mediáticas que les ayuden a adaptarse a las condiciones del panorama de la Sociedad de la Información y el Conocimiento en el que les ha tocado desarrollar su labor”.

“La TV debería tener mecanismos de regulación parecidos a los del mundo de las finanzas, como es el caso de la bolsa de valores”, Jesús Timoteo
El primero en tomar la palabra fue el catedrático de la Universidad Complutense de Madrid Jesús Timoteo, que bajo el título Contexto histórico del nacimiento de los medios de comunicación públicos y desafíos en el actual panorama mediático de la Unión Europea trazó un marco cronológico de la televisión pública en Europa. Así, los procesos que hacen referencia a la televisión publicitaria de los primeros años del siglo XX, a la posterior aparición de las primeras iniciativas personales en los años 20, al proceso de desregulamentación surgido a partir de la década de los 80 y, por último, al proceso degenerativo que vienen sufriendo las televisiones públicas en los últimos lustros fueron el hilo conductor de la intervención de Timoteo.
El catedrático de la Universidad Complutense demandó, en el cierre de su ponencia, la necesidad de crear mecanismos reguladores para los medios públicos y, particularmente para la televisión, similares a los modelos de control existentes en el mundo de las finanzas y, concretamente, en la bolsa de valores. Para Timoteo, además, sería una buena solución para el sistema de medios públicos que está “en crisis”, que las televisiones públicas se limitaran exclusivamente a la información mientras que el “entretenimiento debería ser gestionado fundamentalmente por las televisiones de titularidad personal”.

“La TV pública debe respetar las misiones adquiridas como servicio público”, Ramón Zallo
El seminario continuó de la mano del catedrático de Comunicación Audiovisual de la Universidad del País Vasco Ramón Zallo, que expuso la situación de la televisión pública en un contexto mediático caracterizado por la diversificación, la fragmentación y la privatización del mapa comunicativo español. Bajo el título Políticas públicas para RTV: una nueva institucionalización, el académico vasco puso de manifiesto la necesidad de entender el concepto de servicio público como un mecanismo al servicio de la convivencia de la sociedad y de la cohesión social que debe tener como fin contribuir a fomentar la cultura y a legitimar publicamente la lengua propia, además de ser vehículo de creación de opinión pública gracias a su caracterización como elemento integrador de la ciudadanía.
La televisión concebida como servicio público debe estructurarse en relación a unas misiones determinadas que le permitan conseguir los fines propios de todo servicio público. Así, como apuntó Zallo, será determinante que las televisiones públicas se conviertan en un espacio generador de opinión pública que permita la integración socio-político-cultural de cada comunidad diferenciada como sociedad democrática.

“La eclosión de Internet representa la necesidad de una nueva regulación jurídica”, Marc Carrillo
El siguiente en intervenir fue Marc Carrillo, catedrático de Derecho Constitucional de la Universitat Pompeu Fabra y Conseller del Consell Consultiu, que profundizó en las cuestiones relativas al Marco normativo de los medios de comunicación en lana Europa del siglo XXI.
Carrillo se zambulló en la legislación estatal del año 2006, que afecta a las comunidades autónomas restringiendo su poder de gestión con respecto a la ley anterior. El catedrático catalán contextualizó esta normativa enmarcándola en la reforma de la legislación europea relativa a los medios de comunicación del año 2007, que destaca por la flexibilización de las normas que regulan la publicidad y fomenta la autorregulación de la misma y por la distinción entre servicios lineales (recepción pasiva a través de la televisión o Internet) y no lineales (televisión a la carta, por ejemplo).

Bernardo Díaz-Nosty presentó su visión del modelo de televisión pública “sostenible” bajo el título Los medios de comunicación públicos como dinamizadores de las industrias culturales. Una televisión “sostenible” es el modelo que propugna el catedrático de la Universidad de Málaga Bernardo Díaz-Nosty. “Tenemos la obligación de defender un modelo de televisión que le podamos dejar a nuestros hijos” sentenció el profesor Díaz-Nosty. Haciendo una metáfora con el concepto de la sostenibilidad energética, expuso los pilares sobre los que hay que crear los nuevos modelos de medios públicos “que fomenten el debate, la formación y la calidad de vida”.

“El Canon en España debería costar unos 175 euros”, Francisco Campos
Bajo el título Panorama europeo de los modelos de producción y gestión de los medios públicos los profesores de la Universidad de Santiago de Compostela, Francisco Campos y Xosé Soengas hicieron un análisis sobre la situación actual en España. El profesor Campos habló también de un estudio que realizó en el que el precio que le debería corresponder a España se en algún momento adoptara el impuesto por la Televisión Pública rondaría los 175 euros, un poco menos de la media europea. [/lang_es] [lang_en]The meeting which was held at the convent Aciveiro, attended by leading figures from academia and communicative Spanish, addressed issues relating to the operation and estruturación of public media in the information Información.El goal is to “reflect on The ongoing debate on the existing models of organization and management of the public media, “such as moving Xosé Lopez in the presentation, while” possible measures will emerge to implement the structures of media to help them adapt to conditions of panorama of the Information Society and Knowledge in which they conduct their work has touched. ”

“The TV should have regulatory mechanisms similar to those in the world of finance, such as the stock market,” Jesus Timoteo
The first to speak was a professor at the Universidad Complutense de Madrid Jesus Timoteo, who under the title Contexto histórico del nacimiento de los medios de comunicación públicos y desafíos en el actual panorama mediático de la Unión Europea drew up a chronological framework of television public in Europe. Thus, the processes that refer to television advertising in the early years of the twentieth century, the subsequent emergence of the first personal initiatives in the 20s, the process of desregulamentación emerged from the 80s, and finally , The degenerative process that public service broadcasters have suffered in recent decades were the common thread running through the intervention of Timothy.
The professor at the Complutense University sued in the closure of his paper, the need to establish regulatory mechanisms for public and the media, particularly television, similar to models of control in the financial world and, specifically, the stock market. To Timothy, moreover, would be a good solution for the system of public media that he is “in crisis” that public television should be limited solely to information while the “entertainment should be managed primarily by television stations owned personal.”

“The public TV should respect the mission learned as a public service,” Ramon Zallo
The seminar continued from the hand of the professor of Audiovisual Communication at the University of the Basque Country Zallo Ramon, who described the situation of public television media in a context characterized by diversification, fragmentation and privatization of the map communicative Spanish. Under the heading Políticas públicas para RTV: una nueva institucionalización, the academic Basque highlighted the need to understand the concept of public service as a mechanism to serve the coexistence of society and social cohesion that should seek to contribute to promote the culture and language legitimizing the publicly own, apart from being a vehicle for creating public opinion thanks to its characterization as an integrator of citizenship.
Television conceived as a public service should be structured in relation to some specific missions that will enable it to achieve the aims of any public service. Thus, as pointed Zallo, will be determining which public television will become a generator of public opinion that allows the integration socio-political-cultural context of each distinct community as a democratic society.

“The emergence of the Internet represents the need for a new legal regulation,” Marc Carrillo
The next speaker was Marc Carrillo, a professor of constitutional law at the Universitat Pompeu Fabra and Consultiu Councilor of the council, which elaborated on Marco normativo de los medios de comunicación en lana Europa del siglo XXI. Carrillo was dipped in the 2006 state legislation that affects state government restricting their power management with respect to the previous law. The professor Catalan rules contextualized this framing it in the reform of European legislation concerning the media in the year 2007, which is notable for the relaxation of the rules governing advertising and promoting self-regulation of the same and the distinction between linear (passive reception from television or the Internet) and non-linear (on-demand television, for example).

Bernardo Diaz-Nosty presented his vision of the model of public television “sustainable” under the title Los medios de comunicación públicos como dinamizadores de las industrias culturales .
A television “sustainable” is the model advocated by the professor at the University of Malaga Bernardo Diaz-Nosty. “We have an obligation to defend a model of television that we can leave our children” said Professor Diaz-Nosty. Making a metaphor with the concept of energy sustainability, presented the pillars on which we must create new models of public media “that foster debate, training and quality of life.”

“The Canon in Spain should cost around 175 euros,” Francisco Campos
Under the title Panorama europeo de los modelos de producción y gestión de los medios públicos professors at the University of Santiago de Compostela, Francisco Campos and Xosé Soengas did an analysis on the current situation in Spain. Professor Fields also spoke of a study in which the price that it should belong to Spain at some stage adopt the tax by Public Television be around 175 euros, slightly less than the European average.[/lang_en]

[lang_gl]Aciveiro foi escenario do debate sobre os medios públicos, a súa xestión e os seus modelos de funcionamento (Aciveiro I)[/lang_gl][lang_es]Aciveiro fue escenario del debate sobre medios públicos, su gestión y sus modelos de funcionamiento (Aciveiro I)[/lang_es][lang_en]Public media, their management and its models of operation in Aciveiro (Aciveiro I)[/lang_en]

[lang_gl]Esta semana celebrouse no Mosteiro de Aciveiro (Forcarei, Pontevedra) o curso Modelos de organización y funcionamiento de los medios de comunicación Públicos en la sociedad de la información. Panorama y desafíos en el escenario de Galicia en la Unión Europea, dirixido por Xosé López, no marco das actividades académicas organizadas pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP).
No curso interviñeron Emilio Prado, Jesús Timoteo, Marc Carrillo, Joan Majó, Danny Wood, Enrique Bustamante, Bernardo Días Nosty… dando a súa visión sobre os medios de comunicación públicos dende diferentes perspectivas (económica, de xestión, xornalística, etc.).
Para resumir as intervencións destas primeiras figuras do mundo da comunicación, comeza agora unha serie de tres posts onde se recollerán as reflexións máis importantes que cada un deles fixo.[/lang_gl] [lang_es]Esta semana se ha celebrado en el Monasterio de Aciveiro (Forcarei, Pontevedra) el curso Modelos de organización y funcionamiento de los medios de comunicación Públicos en la sociedad de la información. Panorama y desafíos en el escenario de Galicia en la Unión Europea,dirigido por Xosé López, en el marco de las actividades académicas organizadas por la Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP).
Durante el curso han intervenido Emilio Prado, Jesús Timoteo, Marc Carrillo, Joan Majó, Danny Wood, Enrique Bustamante, Bernardo Díaz Nosty… y otros muchos dando su visión sobre los medios de comunicación púbicos desde diferentes perspectivas (económica, de gestión, periodística, etc.).
Para resumir las intervenciones de estas primeras figuras del mundo de la comunicación, comienza ahora un serie de tres posts donde se reflejarán las reflexiones más importantes que cada uno de ellos hizo.[/lang_es] [lang_en]This week the course has been celebrated in the Monastery of Aciveiro (Forcarei, Pontevedra) Modelos de organización y funcionamiento de los medios de comunicación Públicos en la sociedad de la información. Panorama y desafíos en el escenario de Galicia en la Unión Europea , directed by Xosé Lopez, within the framework of the activities academic organized by the Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP). During the course they have taken part Emilio Prado, Jesus Timoteo, Marc Cheek, Joan Majó, Danny Wood, Enrique Bustamante, Bernardine Diaz Nosty… and other many giving its vision on means of
communication from different perspective (economic, of management, journalistic, etc.). In order to summarize the interventions of these first figures of the world of the communication, now begins three series of posts where the most important reflections will be reflected that each one of them did.[/lang_en]

II Congresso Brasileiro Científico de Comunicação Organizacional e de Relações Públicas

La “Associação Brasileira de Pesquisadores de Comunicação Organizacional e de Relações Públicas”, ABRAPCORP, y la Faculdade de Comunicações e Artes e Mestrado em Comunicação Social da PUC Minas realizarán um congreso científico de Comunicación Organizacional y de Relaciones Públicas los dias 28, 29 y 30 de abril del próximo año.  
El evento tendrá como tema central “Comunicação, Sustentabilidade e Organizações” y se realizará en el Campus Coração Eucarístico, en la Faculdade de Comunicação e Artes da PUC Minas. El II Congresso ABRAPCORP 2008 contará con uu panel inaugural, cuatro mesas redondas y ocho grupos temáticos en los que se realizarán las presentaciones de las comunicaciones recibidas resultantes de diversos proyectos de investigación. El congreso reunirá a investigadores y estudiantes de Ciencias de la Comunicación de todo Brasil y abordará, entre otros temas, la contribución de la comunicación para la sustentabilidad en las organizaciones, comunicaciones, ética y transparencia en las organizaciones y evaluación y resultados de la acción de la comunicación en la sustentabilidad organizacional. Para más información sobre dicho congreso, se puede consultar el programa Categorías Congresos e eventosDeixa un comentario

[lang_gl]7ª Edición do Curso de Formación Continua para Xornalistas[/lang_gl][lang_es]7ª Edición del Curso de Formación Continua para Periodistas[/lang_es][lang_en]7th edition of the Continuing Education Course for Journalists[/lang_en]

[lang_gl]O grupo de investigación da Facultade de Comunicación da USC, Novos Medios, organiza a sétima edición do obradoiro de producción de contidos para rede.
O vindeiro 28 de outubro darán comezo as clases do curso dirixido polos profesores Xosé López e Marita Otero. Os profesores Manuel Gago e José Pereira completan o equipo docente.
Os participantes acadarán destrezas para desenvolver a súa tarefa de xornalistas nas múltiples opcións que na actualidade pon a disposión a rede.
Os alumnos familiarizaranse co vocabulario relacionado co Ciberxornalismo, aprenderán as estructuras de narración que mellor resultado teñen na rede e iniciaranse no mundo da creación de productos para Internet.
A nosa Facultade foi unha das pioneiras en ofertar esta formación en España.
O programa vai dirixido a alumnos e licenciados nas dúas titulacións do centro, ademais de para profesionais en activo.

Para máis información poñerse en contacto Departamento de Ciencias da Comunicación do centro.[/lang_gl] [lang_es]El grupo de investigación de la Facultad de Comunicación de la USC, Novos Medios, organiza la séptima edición del taller de producción de contenidos para la red.
El próximo 28 de octubre darán comienzo las clases del curso dirigido por los profesores Xosé López y Marita Otero. Manuel Gago y José Pereira completan el equipo docente.
Los participantes conseguirán destrezas para desarrollar su tarea de periodistas en las múltiples opciones que en la actualidad pone a disposición la red.
Los alumnos se familiarizarán con el vocabulario relacionado con el Ciberperiodismo, aprenderán las estructuras de narración que mejor resultado tienen en la red y se iniciarán en el mundo de la creación de productos para Internet.
La Facultad de Comunicación de la USC fue una de las pioneras en ofertar esta formación en España.
El programa va dirigido a alumnos y licenciados en las dos titulaciones del centro, además de para profesionales en activo.
Para más información ponerse en contacto Departamento de Ciencias de la Comunicación del centro.[/lang_es] [lang_en]The research group at the School of Communication of the USC, Novos Medios, is organizing the seventh edition of the content production for the Internet workshop.

The next Oct. 28 will begin classes in the course run by the teachers Xosé Lopez and Marita Otero. Manuel Gago and José Pereira complete the teaching team.

Participants develop skills to succeed in its task of journalists in the many options that currently makes arrangements to the network.

Students will bercome familiar with the vocabulary related with Ciberjournalism, learn the structures of narration that have better result in the network and will start in the world of product creation for the Internet.

Our School was one of the pioneiras of offering such training in Spain.

The program is aimed at students and graduates of the two titulacións center, in addition to active professionals.

For more information contact the Department of Communication Sciences Center.[/lang_en]

Chris Brauer entrevista editores online britânicos, que dizem: “ Multimedia has to be an answer” (AEDE V)

Na segunda mesa redonda com o tema “Oportunidade Tecnológicas”, o professor inglês de Jornalismo Online, Chris Brauer, da City University, em Londres, apresentou uma pesquisa recente que fez com os cibermeios ingleses sobre o uso do vídeo, como BBC, Telegraph e The Guardian, entre outros. Usando trechos do discurso de 2005 de Rupert Murdoch na American Society of Newspapers, “(…) with the growing proliferation of broadband, the emphasis online is shifting from text only to text with video”, Brauer traçou um panorama do estado da questão do uso da multimídia por justaposição hoje.

Frases dos editores entrevistados por ele ajudam a entender o tema: “Multimedia has to be an answer”, “Online video is an opportunity for newspapers”, “Video use is now central to online publishing” são algumas das opiniões de quem está no centro da publicação online jornalística na Inglattera, mercado movimentado por uma recente inovação da BBC, o BBC iPlayer, que permite, para quem está conectado dentro do Reino Unido, fazer o download de qualquer vídeo e armazená-lo por trinta dias no computador. O programa pode ser instalado não só no computador pessoal, mas também em celulares e consoles de Wii, por exemplo. O BBC iPLayer tem 13 milhões de usuários únicos por mês e parece ser uma das respostas de adaptação de uma empresa de comunicação aos novos tempos, já que a BBC depende diretamente que seu público veja sentido em sua existência, pois literalmente são os impostos públicos que a mantém funcionando.

A pesquisa de Brauer ainda dá conta de entender quais são as histórias jornalísticas que podem ser bem contadas por um vídeo, que seriam as mais visuais, ou mesmo as que mostram algum tipo de incidente, engraçado ou não. E ao final, novamente um recado de Murdoch. O futuro para o ciberjornalismo é a concentração em “Deep, deep local news”, com o uso do vídeo.
Sitios de interese:

Site de Brauer
Weblog de Brauer

José Manuel Calvo: “Na converxencia, nin integración nin desintegración” (AEDE IV)

O Subdirector de El País, José Manuel Calvo comezou a súa intervención con esta afirmación tan galega. Ante a converxencia mediática, Calvo aposta por aproximar fisicamente os xornalistas da edición dixital á redacción da edición a modo de proba (un xornalista da edición on-line na redacción de local, 3 na de deportes…). Desta proximidiade física xorde diferentes tipos de colaboración, sendo a máis importante a de actualización de temas por parte do redactor que escribe para o formato papel. O xornalista dixital apórtalle unha visión actual dos temas que xorden ao longo do día e permítelle escribir máis informado e situado no contexto da actualidade.

Porén, El País non está a apostar de xeito decidido pola integración física total das redaccións tradicional e dixital polo momento xa que, como di o seu subdirector, non se pode dicir que exista algún modelo de converxencia de medios e integración física de redaccións que acadara certo éxito empresarial. Ademais, Calvo non cre que integrar por decreto sexa a mellor solución á disxuntiva actual, xa que por unha banda crean reticencias e resistencia entre os xornalistas da edición impresa ante a chegada dos piratas dixitais (aos que en moitos casos ven como expertos no xornalismo exercido no formato que os xubilará) e, pola outra, tamén pode afogar as posibilidades do dixital nas estrututras clásicas e non adecuadas ao novo formato das redaccións tradicionais.

José Manuel Calvo, nun contexto de converxencia coma o que envolve na actualidade aos medios de comunicación, e ante o receso que están a experimentar os xornais impresos fronte aos cibermedios, aposta pola calidade da formación dos xornalistas e polos criterios xornalísticos propios dos medios tradicionais que fixeron deles modelos de referencia para conseguir superar con boa nota os exames aos que someten as audiencias e a propia profesións aos medios de comunicación.

Pilar Gómez Borrero: “Invertir en tecnoloxías e profesionais preparados, esta é a clave” (AEDE III)

A Directora Xeral de Zeta Dixital considera que na actualidade o consumo de información está a cambiar o panorama mediático. Hoxe en día, existe un bo número de cabeceiras en formato papel que se regalan e a inmediatez, xunto coa personalización dos contidos, mandan no acceso á información por parte das audiencias.

Para Gómez Borreo, os grupos de medios deben traballar nos seus punto fortes (a forza de marca adquirida a través dos anos e a confianza que as audiencias teñen nos seus contidos, por exemplo) para combatir aquelas cuestións que están a poñer en perigo a subsistencia dos formatos tradicionais (a discusión sobre como afrontar a converxencia está a facer que se descuide o negocio, o temor á desaparición do papel e o xornalismo cidadá están a poñer nerviosos aos medios tradicionais…). Pero, cales son as ferramentas que os medios deben empregar para esta loita na que se están a ver envoltos? A inversión en tecnoloxías e en formación e contratación de xornalistas que estean preparados para o traballo con novas linguaxes multimedia e en formatos dixitais.

Os grupos deben adaptar os seus medios aos tempos que corren mediante o traballo coa linguaxe multimedia e cos novos formatos, a través da formación de profesionais que sexan conscientes da importancia de traballar con rutinas e destrezas diferentes para medios distintos e tendo sempre como referente que a situación mediática actual ofrece unha oportunidade de negocio cada día maior (aínda que os lectores dos medios impresos se reducen, as audiencias dos medios dixitais seguen a medrar), que os ingresos por publicidade no sector seguen a subir e que, invertindo en tecnoloxías e profesionais perparados, os medios teñen o presente e o futuro asegurado.

Roberto de Celis: “Non existe un maná da converxencia que nos sexa útil a todos” (AEDE II)

Roberto de Celis, Director de Internet de ABC-Vocento, abordou cunha visión pragmática o fenómeno da converxencia nos medios de comunicación. Segundo o xornalista vasco, non existe un modelo de converxencia que lle sexa útil a calquera medio de comunicación para tratar de librar a súa guerra particular na catársis na que está sumida a prensa na actualidade.

Para o responsable de Vocento a clave nos procesos de converxencia está na colaboración entre os xornalsitas dos diferents ámbitos (prensa impresa, radio, televisión e on-line) e na formación destes nas novas tecnoloxías, que aportan os soporte necesario para traballar.

Finalmente, Roberto de Celis advertiu do perigo ao que se enfrontan os medios on-line: a multiplicación ata o infinito da súa competencia, xa que non só compiten con outros medios de comunicación, senón tamén con blogs persoais, páxinas privadas…Para superar estes retos, o xornalista vasco reitera a importancia da colaboración entre profesionais de diferentes áreas e da formación de xornalistas no emprego das novas tecnoloxías.

Multiplataformas e prensa de bolsillo a debate nas xornadas organizadas por AEDE (AEDE I)

As V Jornadas sobre Prensa y Nuevas Tecnologías, celebradas na Coruña o pasado xoves 19 trataron temas tan de actualidade para o mundo da comunicación coma as multiplataformas e a prensa de bolsillo, os widgets, as tecnoloxías wap e Internet.

A relación destes novos e innovadores elementos coa prensa foi a pedra alicerce en torno á que xiraron as intervencións dos ponentes, que abordaron con entusiasmo a situación actual dos medios e debatiron sobre os procesos de converxencia e integración aos que se están a someter moitos grupos de comunicación.

A partir deste momento, publicaremos posts cos temas máis destacados que se trataron nas xornadas organizadas pola Asociación de Editores de Diarios Españoles (AEDE) para dar unha visión global do panorma que definiron os expertos que participaron nas conferencias.