Roberto de Celis: “Non existe un maná da converxencia que nos sexa útil a todos” (AEDE II)

Roberto de Celis, Director de Internet de ABC-Vocento, abordou cunha visión pragmática o fenómeno da converxencia nos medios de comunicación. Segundo o xornalista vasco, non existe un modelo de converxencia que lle sexa útil a calquera medio de comunicación para tratar de librar a súa guerra particular na catársis na que está sumida a prensa na actualidade.

Para o responsable de Vocento a clave nos procesos de converxencia está na colaboración entre os xornalsitas dos diferents ámbitos (prensa impresa, radio, televisión e on-line) e na formación destes nas novas tecnoloxías, que aportan os soporte necesario para traballar.

Finalmente, Roberto de Celis advertiu do perigo ao que se enfrontan os medios on-line: a multiplicación ata o infinito da súa competencia, xa que non só compiten con outros medios de comunicación, senón tamén con blogs persoais, páxinas privadas…Para superar estes retos, o xornalista vasco reitera a importancia da colaboración entre profesionais de diferentes áreas e da formación de xornalistas no emprego das novas tecnoloxías.

Deixa un comentario