Natasha Bachini impartirá un seminario sobre discursos de odio e eleccións

Do 9 ao 13 de novembro de 2026, o grupo Novos Medios contará coa visita de Natasha Bachini, socióloga, profesora acreditada e investigadora da Universidade de São Paulo (USP). Especializada en métodos computacionais aplicados ao estudo da comunicación política, os discursos de odio e as campañas electorais, a súa investigación analiza a relación entre as dinámicas dixitais, o éxito electoral e os procesos democráticos no Brasil.

A súa estadía chega nun momento especialmente oportuno tras as recentes eleccións brasileiras. Como parte da visita, impartirá o seminario Discurso de odio e éxito electoral: unha correlación? Celebrarase o lunes 9 de novembro ás 13:00 horas na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación (USC).

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través deste formulario.

Durante a súa estadía, Bachini colaborará tamén co equipo Culturas algorítmicas, ecoloxías de datos e medios sintéticos, dirixido por Emiliano Treré, participando nun spin-off do proxecto DataECO centrado na análise dos centros de datos no Brasil, os seus impactos sociais e ambientais, e as posibles alternativas comunitarias.

Deixa un comentario