O grupo de investigación Novos Medios organiza, en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o seminario Técnicas de investigación xornalística en tempos de IA, impartido polo xornalista Manuel Rico.
A actividade terá lugar o vindeiro 1 de abril, de 17:00 a 20:00 horas, na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Ofértanse 25 prazas (asignadas por orde de inscrición) e a matrícula é gratuíta.
Para inscribirse, abonda con cubrir o formulario. As persoas seleccionadas recibirán un correo electrónico de confirmación e, ao rematar o seminario, obterán un certificado de participación.
