O grupo Novos Medios organiza en colaboración co IDEGA a actividade “A investigación da Comunicación en Latinoamérica. Situación e desafíos”. Este seminario será impartido por Andrés Cifuentes, membro da Corporación Escuela de Artes y Letras de Bogotá (Colombia).
A xuntanza terá lugar o vindeiro 28 de outubro ás 17h na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. A entrada é libre e gratuíta, pero deberá cubrirse previamente o formulario de inscrición.
Ligazón ao formulario de inscrición