O mosteiro de Aciveiro, en Forcarei, acollerá en outubro, os días 21 e 22, un curso que, baixo o título “Comunicarlacomplejidad.com”, analizará o escenario político, económico e comunicacional no marco da Unión Europea. Esta actividade, que se enmarca na programación das actividades da sede galega da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), contará coa participación de coñecidos investigadores de varias universidades europeos e políticos con experiencia na vida parlamentaria da Europa comunitaria. Nos debates e reflexións poderán participar todos os alumnos interesados, que xa poden formalizar a súa matrícula.