A facultade de comunicación de Santiago acolle un curso sobre xornalismo económico

Os 18 e 19 de xaneiro, aqueles que estean interesados poden asistir a un curso sobre xornalismo económico que terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela.

En horario de tarde o venres e de mañá o sábado, están programadas varias charlas que impartirán o catedrático de Economía Aplicada Luis Caramés, e os xornalistas Luis Vázquez-Pena e Manuel Vázquez Sola.

A especialización na área de Economía require dunha base de coñecementos previos que poden adquirirse en diversas actividades formativas deste tipo. Para coñecer de preto o programa e o modo de inscrición, podedes clickar aquí.

Deixa un comentario