¿Veremos a televisión no ordenador?

joost

Neste mundo cambiante no que andamos aparecen cada día mil e unha historia que melloran a nosa calidade de vida. Algúns destes experimentos son rotundos fracasos pero outros son éxitos únicos na historia actual. Dúas das persoas máis importantes para que internet sexa o que é hoxe en día, son Niklas Zennstrom e Janus Friis, creadores entre outros de Kazaa e Skype.

Agora preséntannos unha nova ferramenta, fundamentadamentada no audiovisual, que promete ser unha desas cousas que marcarán o inicio dunha nova era. Joost é unha aplicación, que se descarga, e que convirte o ordenador persoal nun televisor á carta. Cunha interface moi sinxela pero elegante, podemos acceder a un completo buscador de programas ou de canles, que nos permiten ver desde unha película de Buster Keaton ata un spot publicitario. Zennstrom e Friis xa saben que a publicidade é importante e por iso non dubidaron en deixar un espazo específico para os anuncios. A verdade é que promete, pero agora falta por ver se estamos dispostos a ver a televisión no ordenador. Un dato que escribre Francis Pisani no ciberpais: o promedio de tempo que pasa un individuo diante de Youtube é de 11,5 minutos, moi lonxe das case catro horas que se pasa un español diante do televisor.

José Pereira

Deixa un comentario