Curso de contidos interactivos para DVB: MHP

Hoxe abriuse o prazo de inscrición do Curso de contidos interactivos para DVB: MHP, organizado polo Centro Multimedia de Galicia. Este curso, de caracter gratuíto, desenvolverase entre o vindeiro 30 de maio e o 21 de xuño do presente ano, contando cunha duración total de 42 horas. Impartido desde a sé central do Centro Multimedia de Galicia, sita en Santiago de Compostela, poderá seguirse por videoconferencia a través da rede de Telecentros de Comunicación auspiciada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual en dúas sesións horarias:

Primeira Sesión

Horario: 10:00 a 13:00 horas, nos seguintes telecentros:

  • Santiago de Compostela (Centro Multimedia de Galicia)
  • Pontevedra (Facultade de Ciencias Sociais)
  • Ribeira (Cofradía de Pescadores)
  • Verín (Casa da Cultura)
  • Monforte de Lemos (Edificio Multiusos)
  • A Estrada (Edificio de Usos Múltiples)
  • Ponteareas (Centro de Desenvolvemento Local)

Segunda Sesión

Horario: 16:30 a 19:00 horas, nos seguintes telecentros:

  • Santiago de Compostela (Centro Multimedia de Galicia; Facultade de Ciencias da Comunicación)
  • Lugo (Aula de Produtos Lácteos)
  • Ourense (Edificio Administrativo de Presidencia)
  • A Coruña (Biblioteca Pública Miguel González Garcés)
  • Vigo (Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación)
  • Redondela (Edificio de Usos Múltiples)
  • Boiro (Centro Sociocultural)

O principal obxectivo do curso “Contidos interactivos para DVB: MHP” é o de familiarizar ao alumnado nas novas e máis actuais tecnoloxías empregadas na televisión dixital interactiva baseada no estándar MHP. Ademais, os asistentes ao devandito curso aprenderán a desenvolver aplicacións telemáticas para este novo medio. Os interesados en participar poden inscribirse desde hoxe na web do Centro Multimedia de Galicia.

Deixa un comentario