O profesor Carlos Ferrás Sexto, investigador de Novos Medios, tomou posesión a comezos deste ano como catedrático de Xeografía Humana na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente, Ferrás Sexto é Académico Visitante Fulbright na University of California–Berkeley.
Na Universidade de Santiago de Compostela, Carlos Ferrás dirixiu a creación da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais CEER e o Máster en Sociedade da Información e o Coñecemento, e coordinou o Máster en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial. Foi profesor e investigador convidado na Universidade de Guadalaxara (México), na University of California–Berkeley, na Universidade de Cork (Irlanda), na Universidade de Keele (Reino Unido) e na ISM International School of Management en Dortmund (Alemaña). A súa investigación céntrase na interacción da análise espacial e da psicoxeografía cos sistemas e tecnoloxías da información.