A crise da comunicación en tempos de recesión, un foro de análise e debate para o acontecer actual

Os próximos días 21 e 22 de setembro, algúns dos expertos máis recoñecidos do ámbito académico da comunicación e o xornalismo debatirán sobre os efectos que está a ter a crise económica nos medios de comunicación durante o curso La crisis de la comunicación en tiempos de recesión, dirixido por Xosé López, Xosé Pereira e Xosé Rúas. Ramón Salaverría, Rosa Franquet, Marcial Murcinao e Alfonso Sánchez-Tabernero (entre outros) reflexionarán tamén sobre a cobertura que os medios de comunicación están a aplicar á complexa situación económica do momento actual.

Este curso de análise e debate celébrase no marco das actividades organizadas pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) e terá lugar no Mosteiro de Aciveiro (Forcarei, Pontevedra). Para máis información, podedes visitar a páxina oficial.

Deixa un comentario