I Congreso de Ciberperiodismo y Web 2.0 en novembro en Bilbao

Os próximos 11, 12 e 13 de novembro celebrarase en Bilbao o I Congreso de Ciberperiodismo y Web 2.0 organizado pola Universidade do País Vasco.

As Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) asociadas a Internet teñen provocado moitos cambios na nosa sociedade e, consecuentemente, tamén o xornalismo se viu afectado. Coa irrupción das novas tecnoloxías, os cidadáns reclaman espazos onde opinar e facer públicos os seus puntos de vista ao tempo que mostran a necesidade de interactuar coa información. Son os medios de comunicación os encargados de xestionar esta participación cidadá a través das diferentes ferramentas aloxadas nas súas webs.

Este congreso pretende explorar a morfoloxía da coñecida como web 2.0 para poder entender de xeito global a revolución da participación cidadá na información a través dos medios de comunicación. Para inscribirvos e atopar máis información, visitade a páxina oficial do I Congreso de Ciberperiodismo y Web 2.0.

Deixa un comentario