Cursos de desenvolvemento profesional en Xornalismo e Comunicación en Barcelona

O Institut d’Educació Continua da Universidade Pompeu Fabra programa para distintas datas comprendidas entre o 2 e o 20 de Xullo un total de 21 cursos vinculados con tres grandes áreas: Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Comunicación nas organizacións. Para inscribirse nos cursos, cómpre ser licenciado, diplomado ou ter superado o primeiro ciclo de calquer estudo universitario.

Leer más

Pubícase o novo informe da comunicación en Cataluña

 O Instituto da Comunicación da Universidade Autónoma de Barcelona, dirixido polo profesor Miquel de Moragas, acaba de prensentar o Informe da comunicación en Cataluña 2005-2006. Neste volume interveñen 27 autores da talla do propio Mique de Moragas, Emili Prado, Daniel E. Jones ou Bernat López. O volume está dividido en tres partes onde se analiza … Leer más

Modelando el futuro de los periódicos

Análisis del desarrollo estratégico y oportunidades en la industria de la prensa

Resumen del anuario «World Digital Media Trends 2007» traducido por Dolores Calvo

Este anuario sirve como brújula digital para los estrategas del mundo de los medios de comunicación proporcionando más de 160 conjuntos de datos procedentes de 35 fuentes y análisis sobre las tendencias de generación de ingresos y el consumo de medios en Internet y las industrias móviles, y comparándolos con los medios ya estrablecidos.

Leer más

Xornalismo e poder

periodismo_poder.jpgPERIODISMO Y PODER: : POLÍTICOS, PERIODISTAS Y CIUDADANOS VOLUNTARIAMENTE DESINFORMADOS
Diezhandino Nieto, Mª Pilar (Prentice Hall)
Prezo:24 €
280 páx.
Idioma: Español
ISBN: 848322366X. ISBN-13: 9788483223666 (02/2007).

O coñecido dilema arredor da influencia dos medios de comunicación segue centrando as reflexións de sociólogos, politólogos, cumunicólogos… en moitos dos seus últimos traballos, case sempre froito de investigacións académicas. Hai bastantes teorias sobre os efectos dos medios, que van desde as que os culpan de todos os males actuais ata outras que limitan a súa influenza. Nestes anos do século XXI, varios autores coincidiron en apuntar unha influenza múltiple nas decisións e opinións dos cidadáns, polo que consideran esaxerado considerar aos medios os .

Por Manuel David Díaz

Leer más

Identidade e Xénero, temas centrais dun Congreso Internacional de Comunicación

«Poñer en común diferentes visións sobre cuestións que teñen que ver, por unha banda, cos modelos, procesos e límites da identidade, e pola outra, con todos os vértices que implica a dimensión de xénero». Este é o obxectivo fundamental do Congreso Internacional de Comunicación, Identidade e Xénero, que terá lugar os días 25 e 26 de Outubro … Leer más

I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet: o libro

GAGO MARIÑO, M; MOURIÑO CABALEIRO, C. (eds.), I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet. Consello da Cultura Galega, Consellaría de Innovación e Industria – Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Consellaría de Cultura e Deporte – Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, Santiago de Compostela, 2007. 52 páx.

I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet é unha publicación que explora a situación actual da Internet en Galicia e as posibilidades que ten a cultura galega -a creación, o desfrute, a industria, a distribución- actualmente na rede, así como explora os planos dos sectores culturais galegos na Internet dos inmediatos vindeiros dous ou tres anos. Neste pequeno libriño de 52 páxinas en formato arrevistado colaboraron un bo número de autores e autoras, e pódense escoitar un gran número de voces máis. No deseño editorial quixemos empregar diferentes formatos narrativos: desde os artigos de reflexión ata estudos de caso, reportaxes, entrevistas e antoloxías de creación cultural na rede. A publicación está editada por Cristina Mouriño e por Manuel Gago.

Cómpre destacar o notábel traballo de dirección de arte do deseñador de Aguiño (Ribeira) afincado en Barcelona Marcos Varela, que apostou por un deseño baseado nas publicacións underground e nos fanzines.

Trátase dunha publicación conmemorativa, co gallo da coincidencia do Día de Internet e do Día das Letras Galegas no 17 de maio, e destinada a profesionais do mundo da cultura e público en xeral.

Descarga en PDF:
I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet

Consultar índice no interior do post

Leer más

O Eyetrack 07 confirma a inversión dos tempos de lectura en pantalla e en papel

Desde o importante estudo de Jakob Nielsen, existía a realidade, máis ou menos aceptada, de que a lectura en pantalla era máis lenta e dificultosa que no papel. O profesor Ignacio Armentia, a finais dos 90, realizou unha experiencia similar con alumnos da Universidade do País Basco, atopando resultados que confirmaban a lentitude da lectura … Leer más

Curso de contidos interactivos para DVB: MHP

Hoxe abriuse o prazo de inscrición do Curso de contidos interactivos para DVB: MHP, organizado polo Centro Multimedia de Galicia. Este curso, de caracter gratuíto, desenvolverase entre o vindeiro 30 de maio e o 21 de xuño do presente ano, contando cunha duración total de 42 horas. Impartido desde a sé central do Centro Multimedia de Galicia, sita en Santiago de Compostela, poderá seguirse por videoconferencia a través da rede de Telecentros de Comunicación auspiciada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual en dúas sesións horarias

Leer más