Un artigo do proxecto Valcomm, premiado polo European Journal of Communication

O European Journal of Communication vén de recoñecer co premio ao Artigo do Ano 2022 o traballo “Distilling the value of public service media: Towards a tenable conceptualisation in the European framework”, firmado por Azahara Cañedo, Marta Rodríguez Castro e Ana María López Cepeda.

A investigadora de Novos Medios Marta Rodríguez Castro, xunto coas compañeiras da Universidad de Castilla-La Mancha Azahara Cañedo e Ana María López Cepeda, abordan neste artigo o reto de definir e conceptualizar o valor dos medios de comunicación de servizo público a partir dunha metodoloxía que combina a análise de documentos coa realización dun focus group con expertos/as.

O artigo, que se enmarca dentro do proxecto de investigación “Medios audiovisuais públicos ante o ecosistema das plataformas: modelos de xestión e avaliación do valor público de referencia para España” (VALCOMM), dirixido por Miguel Túñez e Francisco Campos, pode lerse aquí: https://journals.sagepub.com/doi/abs/10.1177/02673231221090777