“Hai unha nova forma de facer xornalismo: o xornalismo dixital en base de datos”, Elías Machado

Así, afirmando a existencia dunha nova forma de facer xornalismo, comezaba a intervención do profesor doutor da Universidade Federal de Santa Caterina (Florianopolis, Brasil) Elías Machado na visita que fixo á Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, onde impartiu dúas clases mestras.

O xornalismo, cada vez máis, pasa polas bases de datos e os xornalistas deben entender que para desenvolver o seu traballo diario dunha maneira eficiente no marco da converxencia deben necesitan educarse nas destrezas básicas para desenvolverse no emprego das bases de datos.

Para Elías Machado, o xornalismo dixital en base de datos é unha forma de poder buscar e seleccionar información para logo empregala na construción da realiade xornalística. Desta concepción deriva unha conclusión clara e diáfana: a información que sexa introducida en bases de datos será capaz de responder á demanda de rapidez e inmediatez propias das rutinas xornalísticas, mentres que a que non se atope estruturada e categorizada mediante base de datos non será quen de dar resposta á necesidades do xornalista á hora de crear un discurso de significación xornalístico.


“É fundamental que o xornalista pense en organizar a información en bases de datos”, continúa dicindo Elías, co obxectivo de que “as mesmas bases de datos sexan entendidas e funcionen como soportes de elementos narrativos”. Ademais, nos procesos de converxencia inciados polas empresas mediáticas é un factor importantísimo a automatización dos procesos mediante as bases de datos, xa que permiten recoller, producir e distriubír contido para diferentes públicos e plataformas de circulación nun ecosistema mediático dixitalizado. O soporte non varía –sempre é a base de datos- e pode funcionar con diversos contidos que, unha vez dixitalizados, se poden poñer en valor a través da súa posta en circulación nas diferentes plataformas. Deste xeito, dás unha conxunción perfecta dos procesos de automatización co perfil do xornalista –profesional altamente especializado- que aporta marcas de identidade aos produtos

Deja un comentario