O informe anual sobre o desenrolo da Sociedade da Información en España, e-España 2007, editado pola Fundación Orange, revela que, a pesar do apoio por parte do sector público ten aumentado considerablemente, España avanza na Sociedade da Información de forma lenta e perde posicións relativas con respecto ao crecemento dos países do noso entorno inmediato.
España atópase, en concreto no posto 20 do ranking europeo e malia que recorta distancias frente a Alemania ou o Reino Unido, alónxase dos países punteiros, coma son Islandia e Finlandia, e mesmo se ve superado por Lituania, Letonia, Eslovenia e a República Checa. En canto ás TIC, se ben a posición de España (posto 22) amosa unha debilidade relativo do sector no noso país, os datos de Acceso ás TIc amosan unha mellora respecto do informe do ano pasado, situando á nosa nación no posto 16 no rankin europeo. Finalmente, o Emprego das TIC revela un retraso moi evidente (posto 25) en apartados coma comercio electrónico, seguridad en transaccións e navegación, formación de traballadores…
O informe sinala que » a situación actual amosa un empeoramento xeral da nosa posición relativa e plantea dúbidas acerca do cumprimento de algúns dos obxectivos da Axenda de Lisboa», coma o gasto total en TIC en % do PIB ou a porcentaxe de fogares con acceso a Internet, o que amosa a necesidade de realizar esforzos presupostarios para deter esta tendencia. Así, no espazo comprendido entre 2006 2 2010 o «Plan Avanza» ten previsto canalizar inversións públicas por un total de 5.700 millóns de euros, máis as aportacións de Comunidades Autónomas, entidades locais e outras institucións.
Un dos obxectivos do Plan Avanza é alcanzar a converxencia da Sociedade da Información das distintas Comunidades Autónomas, pero o proceso de converxencia ten resultados desiguais en España. Por exemplo, ten aumentado a diferencia entre as Comunidades con maior e menor grado de desenrolo, Madrid e CAntabria, respectivamente, e mentras que Asturias, Aragón, Andalucía, Castilla-La Mancha, Galicia, Extermadura e a Comunidade Valenciana están converxendo e acercándose ás Comunidades máis desenroladas, Navarra, Euskadi, La Rioja, Castilla y León e Cantabria perderon posicións en termos TIC.
En canto aos aspectos positivos do Informe, España ocupa unha destacada posición en Europa en canto ao uso de aplicacións Web 2.0, sendo claramente lider no emprego de mensaxería instantánea, telefonía por Internet, Podcasting e creación de blogs. Ademais, a telefonía móbil continúa a ser o auténtico catalizador do sector TIC, cunha constante inversión en redes e cunha gran evolución da portabilidade. De feito, España consolídase no grupo de países con un maior grao de desenrolo da telefonía móbil no mundo, con máis dunha liña por cidadán, por diante de outros países con maior renta ou grao de avance tecnolóxico, como Alemania, Francia ou Estados Unidos.