A European Communication Research and Education Association (ECREA) publicou a convocatoria para participar na 8ª Conferencia Europea da Comunicación, organizada xunto ao Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade da Universidade do Minho. Terá lugar no 2021 na cidade de Braga (Portugal).
A conferencia leva por tema ‘Comunicación e confianza: construíndo futuros seguros, sustentables e prometedores’.
O envío de propostas de comunicacións individuais, paneis e pósters pechou o 15 de xaneiro de 2020. Máis información e normas aquí.
Sitio web: ecrea2020braga.eu