Hoxe comeza Novomed 09, xornadas de debate organizadas pola Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), onde os novos medios e os contidos audiovisuais serán o tema central.
Novomed reune en Santiago, na Facultade de Ciencias da Comunicación, aos máis recoñecidos e innovadores expertos do ámbito audiovisual. As xornadas terán cinco fíos condutores: a televisión dixital (TDT), o novo marco regulador do sector audiovisual, os contidos multiplataforma, a animació dixital e os videoxogos e a rendibilidade do negocio audiovisual.
Participarán neste encontro responsables de contidos de TVG, Youtube, Fox Channels, Bren Entertainment, Antena 3, e un longo etcétera de persoeiros destacados do sector audiovisual que debuxarán o camiño que os contidos audiovisuais están a trazar no contexto dos novos medios e formatos.