Robert G. Picard: «O gran peligro do xornalismo é a comodidade»

O director do Instituto Reuters da Universidade de Oxford cree que o principal peligro para os medios de comunicación na actualidade son as estratexias fundamentadas na repetición e agrupación de contidos frente á produción propia.

Nunha conferencia impartida no Consello da Cultura Galega xunto co profesor da Universidade de Porto Paulo Faustino, Picard explicou que os medios de comunicación que triunfan son os máis pequenos, innovadores e que producen contidos segmentados. «O éxito está en converter o valor en elemento de mercado», afirmou Picard.

Isto obedece a unha paradoxa na que o aumento da paquetización provoca un consumo moito máis segmentado e personalizado que en términos globais implica un menor consumo de información. «Polo tanto, os públicos individuais consument tantas cousas personalizadas que ten un efecto reductor na cantidade de información consumida», afirmou. Este é un novo escenario que os medios deben comprender para lograr superar os problemas estruturais do sector na actualidade.

Ademais, tanto Picard como Faustino, coinciden en que os medios deben atopar elementos xeradores de valor que vaian máis alá da publicidade e da venta de contidos. «é preciso que os medios atopen novos sistemas de valorización que necesariamente pasan pola cooperación, pola información de proximidade e pola busca de financiamento fóra dos circuitos convencionais», afirmou Faustino.

 

 

Deja un comentario