Público consolida un novo modelo de deseño de cibermedios

publico.jpg

Da aparición do xornal Público hoxe (sempre é boa noticia a aparición dun xornal), precedida dun notorio fluxo de información por confidenciais e non tan confidenciais de Madrid, chámame a atención como o seu deseño para a edición web consolida o deseño a dúas columnas que inaugurou en España o 20 Minutos e que continuou o ADN. Trátase dun estilo visual moi definido caracterizado por:

  • Grandes diferencias no tamaño das fontes entre titulares e corpo da información,
  • Edición moi horizontal das fotografías
  • Densa e abundante malla visual
  • Simplificación das caixas de contido
  • Información actualizada á esquerda e contidos especiais á dereita

Este feito non é menor. Ata o momento, os cibermedios na web seguían, nos seus redeseños, modelos dos diarios de referencia en vendas; pero aínda que Público é de pago, busca o modelo dos xornais gratuítos e desmárcase claramente do deseño, máis complexo e con máis columnas, das edicións dixitais dos grandes medios en papel. Por certo, gustoume moito o xeito no que propuxeron os seus principios editoriais.

Manuel Gago

Deja un comentario