Xornalismo e poder

periodismo_poder.jpgPERIODISMO Y PODER: : POLÍTICOS, PERIODISTAS Y CIUDADANOS VOLUNTARIAMENTE DESINFORMADOS
Diezhandino Nieto, Mª Pilar (Prentice Hall)
Prezo:24 €
280 páx.
Idioma: Español
ISBN: 848322366X. ISBN-13: 9788483223666 (02/2007).

O coñecido dilema arredor da influencia dos medios de comunicación segue centrando as reflexións de sociólogos, politólogos, cumunicólogos… en moitos dos seus últimos traballos, case sempre froito de investigacións académicas. Hai bastantes teorias sobre os efectos dos medios, que van desde as que os culpan de todos os males actuais ata outras que limitan a súa influenza. Nestes anos do século XXI, varios autores coincidiron en apuntar unha influenza múltiple nas decisións e opinións dos cidadáns, polo que consideran esaxerado considerar aos medios os .

Por Manuel David Díaz

Un recente libro, titulado “Periodismo y poder”, da catedrática Pilar Diezhandino, súmase a esta tese coa achega de abundantes datos, uns con perspectiva histórica e outros froito dunha enquisa recente. No trasfondo do texto da profesora Diezhandino está a convición de que non se pode facer recaer nos medios a instancia educativa que corresponde á escola, á familia e as condicións e situacións sociais en xeral. “Mais ben –di- os medios imitan, reproducen, tentan á sorte para captar á clientela que o negocio require. E os clientes –todos nosoutros- deciden”.

No libro fúsexe da crítica fácil aos medios, aínda que se apuntan abondosos fallos dos medios e aspectos que deben mellorar para dar unha información de calidade e cumprir coa súa obriga de servir ao interese público e á sociedade. É crítica cos revoltixos entre políticos e xornalistas –“políticos e xornalistas atópanse cada día máis cerca porque estes asumiron a función daqueles”-, co imperio do negativo na oferta informativa, e coa pouca atención que se presta ao tema das fontes de información –“a información dunha soa fonte xa non é un anatema”-.

O traballo da profesora Diezhandino, que recolle o resultado de dous estudos empíricos realizados nos últimos anos, aporta, pois, moitos datos e puntos de vista para a reflexión da profesión xornalística e para o debate no espazo público. Trátase dun excelente traballo que nos debe facer pensar sobre os pasos dados polo xornalismo e como podemos respostar aos desafíos actuais con intelixencia.

Deja un comentario